-->

O convento de Herbón estrea un museo aberto ao público na primeira planta do claustro

O conselleiro de Cultura visitou esta mañá o novo espazo expositivo na compaña dos concelleiros Lorena Couso e Francisco Javier Guillán //

“Parécemos moi positivo que un conxunto de alto valor patrimonial sume cada vez máis espazos de visita”, subliña a edil //

A recuperación para o goce da cidadanía do convento de Herbón dá un novo paso coa apertura dun espazo expositivo na primeira planta do claustro, rehabilitado recentemente grazas a un investimento da Xunta de preto de medio millón de euros. Esta actuación súmase á restitución do retablo barroco da igrexa hai apenas uns anos por mor doutra achega do goberno autónomico a través de Turismo de Galicia.

A apertura oficial do museo escenificouse esta mañá coa visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado polos concelleiros padroneses Lorena Couso e Francisco Javier Guillán, que tiveron a ocasión de ver os bens eclesiásticos de interese patrimonial como códices ou cálices que se amosan ao público.

A rehabilitación do claustro, que rematou a finais de 2021, permitiu abrir á veciñanza e aos visitantes a parte máis antiga do conxunto conventual, fundado no ano 1396. As actuacións realizadas permitiron recuperar o aspecto orixinal do claustro, que se atopaba en estado ruinoso coa estrutura atacada polas termitas, e mellorar tamén á accesibilidade de xeito que un circuíto une agora este espazo coa zona da igrexa.

Lorena Couso, concelleira de Cultura, amosou a súa satisfacción ante o avance da recuperación dun conxunto que foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2013, tanto polo valor patrimonial do convento como polo seu arraigamento na contorna e a súa situación en pleno Camiño Portugués. “Parécenos moi positivo que o convento de Herbón sume cada vez máis espazos de visita, engadíndose aos moitos atractivos que Padrón ten para os visitantes. Hai que lembrar que os franciscanos teñen unha relación coa vila que vén de longo, abonda con pensar con que trouxeron o pemento de América ou que se dedicaron á pesca da lamprea por mor da privilexiada localización do convento xunto ao Ulla”

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…