Print this page
-->

Coidados porta a porta chega a Padrón con servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria

  • Unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos //

  • As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 543 992 //

Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Padrón esta semana, gracias á colaboración entre Xunta e Concello de Padrón. O xoves día 8, o venres día 9 e o luns día 12, unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos, para desenvolver exercicios de estimulación da memoria e coidados de podoloxía e audioloxía, en horario de 9.00 a 20.00 horas.

Coidados porta a porta percorre os concellos do rural galego para achegarse ás persoas maiores de 55 anos na súa contorna e ofrecerlles tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. A actuación no ámbito da estimulación da memoria busca retrasar e minorar o proceso de deterioro cognitivo e céntrase nos ámbitos cognitivo e funcional, vencellándoos a hábitos de vida saudables e a promoción do envellecemento activo como xeito de evitar a dependencia.

No servizo de podoloxía, os profesionais valorarán o estado xeral do pé das persoas usuarias, ademais de cortarlles e limparlles as unllas e eliminar durezas, calosidades e helomas. Por último, os maiores poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para comprar os seus niveis de audición e frear a perda auditiva.

Para poder gozar destes servizos, as persoas interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén se pode obter máis información e reservar vez no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…