-->

Os Reis Magos sementaron a ilusión en Padrón nunha xornada máxica con numeroso público

  • Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron as peticións do público infantil no Campo do Souto e agasallaron aos nenos con lambetadas e agasallos //
  • O alcalde destaca o éxito da cabalgata e agradece a colaboración das persoas e entidades participantes que a fixeron posible //

20230105 reis magos igrexa padron 1

Tarde máxica a vivida hoxe en Padrón. Expectación, nervios e moita, pero moita ilusión, era a que reflexaban os rostros das numerosas nenas e nenos congregados nas rúas do casco histórico de Padrón ante a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. A cabalgata de Reis 2022, que recupera despois destes últimos anos a normalidade, foi todo un éxito de afluencia e participación. Veciñanza e visitantes contaxiáronse da maxia da noite de Reis.

Fieis a súa cita, Melchor, Gaspar e Baltasar, cada un na súa carroza, e acompañados dos seus paxes, fixeron a súa entrada triunfal na vila pola rúa Real, sementando ao seu paso a maxia e a ilusión.

20230105 reis magos recepcion alcalde concello 1

A primeira parada das Súas Maxestades foi na igrexa parroquial de Santiago, onde visitaron o Belén vivinte e realizaron a súa tradicional ofrenda ao neno Xesús. A cabalgata proseguiu o itinerario previsto, recalando na Praza de Macías para, de seguido, enfilar cara a casa consistorial onde o alcalde, Antonio Fernández Angueira, acompañado de membros da Corporación municipal, recibiron aos Reis Magos.

20230105 reis magos padron belen vivinte 1

Finalizado o encontro oficial, Melchor, Gaspar e Baltasar proseguiron o seu percorrido ata o Campo do Souto. Alí, na carpa instalada para a ocasión, os Reis Magos recibiron a todas as nenas e a todos os nenos que o desexaron. Entre risas e nervios, pero moi ilusionadas, as crianzas trasladáronlle as Súas Maxestades peticións de última hora e os desexos escritos nas cartas que lles enviaron. Melchor, Gaspar e Baltasar tomaron boa nota e, como adianto da noite máis máxica do ano, repartiron agasallos e lambetas entre o público infantil.

20230105 reis magos padron 1 1

E, como cada ano, mentres agardaban a súa quenda, os nenos e as nenas puideron desfrutar do Carrusel de Cabaliños de Hernáiz, situado no Campo do Souto, completamente de balde, sempre que estiveran en posesión dos vales (ata tres por crianza) que permitían esa viaxe gratuíta.

Dende o Concello, o alcalde, Antonio Fernández Angueira, agradece a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible que a cabalgata deste ano fose todo un éxito.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…