-->

Sandra Mosquera e Pablo Otero gañaron en Padrón unha das 10K máis multitudinarias

  • Participaron máis de 1.160 atletas de todas as categorías, o que coloca a vixésima edición no top3 canto a participación

  • Tere Parrado e Víctor Ramos foron os máis rápidos na 5K, que se celebrou por primeira vez

  • Catrocentos menores participaron nas categorías escolares

  • O alcalde e a concelleira de Deportes felicitaron a todos os participantes durante a entrega de premios

Sandra Mosquera, do Comesaña Spórting Club, con 0.36.35, e Pablo Otero Fariña, do SG Pontevedra, con 0.31.25, foron os gañadores absolutos da vixésima Padrón 10K, que xuntou a máis de 1.160 atletas de todas as categorías, colocando esta edición no top3 por número de participantes de todas as edicións celebradas ata o momento. A novidade deste ano foi a celebración dunha carreira de 5 quilómetros homologada pola Federación Española de Atletismo, na que se impuxeron Tere Parrado (C.A. Santiago, con 0.19.44) e Víctor Ramos (Triki Team, con 0.15.50). Nas categorías escolares este ano participaron 400 menores no Campo do Souto.

O atletismo encheu de cor as rúas de Padrón o sábado 4 de febreiro. Máis de 1.160 atletas acudiron á capital do Sar para participar na vixésima edición da Padrón 10K, unha das tres máis concorridas ata o momento. Ao rematar a competición e durante a entrega de trofeos, o alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Deportes, Lorena Couso, déronlles os parabéns aos atletas que subiron ao podio e destacaron a elevada participación.

Numeroso público deuse cita no Campo do Souto dende primeira hora da tarde, para animar os atletas máis novos que competían nas categorías escolares. Os primeiros en participar foron os pitufos (menores de 4 anos) e despois os prebenxamíns. A elevada participación, con 400 corredores, obrigou á organización a celebrar dúas carreiras na categorías sub-10 (masculina e feminina) e tamén na sub-12 e sub-14.

Todas as clasificacións da proba pódense consultar na web de emesports, neste enlace.

A continuación celebrouse, por primeira vez, a carreira homologada 5K, que contou con 213 participantes que deron unha volta ao circuíto. Os gañadores foron, en categoría feminina, Tere Parrado (C.A. Santiago, cun tempo de 0.19.44), Martina López Gestar (SD Compostela Atletismo, con 0.20.25) e Teresa Castro Villaverde (C.A. Noia, con 0.20.28). Na categoría masculina subiron ao podio Víctor Ramos (Triki Team, con 0.15.50), Pablo Díaz Oiza (independente, con 0.15.54) e Daniel Barciela Araújo (Adas O Barco, con 0.15.58).

En Sub-16 os gañadores foron Daniela Rama Figueira, Tania López e Laura Porto, en mulleres, e Hugo Domínguez Juncal, Jesús García e Enrique Magariños, en homes.

Na proba sub-18 impuxéronse Marái Fernandez,Carolina Díaz e Lia Rodríguez, en mulleres, e Abel Vila Mariño, Daniel Maneiro e Xoel Blanco, en homes.

Unha 10K moi competida

A proba raíña, a de dez quilómetros, estivo moi competida, sobre todo na categoría masculina, como demostra o feito de que os tres primeiros chegasen á meta no mesmo minuto. Pablo Otero Fariña, do SG Pontevedra, foi o gañador con 0.31.25. Sete segundos despois chegaba á meta Gustavo Santiago Fernández, do Miler Running Club, con 0.31.32, e nove segundos máis tarde remataba Víctor Puyuelo Pardo, co Victky Foods Atletics, con 0.31.41.

Algo similar ocorreu na categoría feminina. As tres gañadoras cruzaron a meta cunha diferenza menor aos dous minutos. Impúxose Sandra Mosquera Losada, co Domesaña Spórting Club, con 0.36.35; segunda foi Antía Rodríguez Abad, do Adas Cupa, con 0.38.17, e terceira, Ainoa Gontán Iglesias, do SD Compostela Atletismo, con 0.38.22.

Polo que respecta aos primeiros atletas padroneses en cruzar a meta, as gañadoras na categoría feminina foron María Elena Miguens Otero, Mercedes Blanco e Sonia Agrasar, as tres do Club Atletismo Sar.

Na categoría masculina o podio local foi para Roberto Agrelo Gómez, do C.A. Sar; Salva Rial, do TribuTrail, e para Arturo Domínguez, independente.

Na categoría de clubes, o gañador foi o C.A. Sar, seguido do C.A. Cambados e do C.D. Brión. Así mesmo, o Club Atletismo Sar levou o trofeo á participación, ao competir con 29 atletas.

Galerías de fotos da XX Padrón 10K

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…