-->

Padrón, Dodro, Ames e Brión programan unha saída da ruta ‘As pegadas de Rosalía’ para o 29 de abril

  • As persoas interesadas teñen ata o 25 de abril para anotarse, de xeito gratuíto, na web de Padrón Turismo, seleccionando un dos 4 puntos de saída ||

  • A ruta transcorrera polos lugares que marcaron a vida e a obra de Rosalía ||

  • Haberá visitas guiadas, teatralizadas e música de zanfona e xantar libre en Padrón ||

20230419 cartel ruta as pegadas de Rosalia

Os concellos de Padrón, Dodro, Ames e Brión programan para o sábado 29 de abril unha saída conxunta pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, con vertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado As pegadas de Rosalía, en xaneiro de 2018.

A saída desenvolverase entre as 9.15 horas e as 19.00 horas. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición, de xeito totalmente gratuíto, ata o martes 25 de abril na páxina web de Padrón Turismo no apartado de inscricións (www.padronturismo.gal/inscricions).

As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro e no momento de inscribirse deberase seleccionar o punto de saída e regreso do autocar. Habilitaranse cinco puntos de saída: en Padrón será a biblioteca onde as persoas participantes deberán estar ás 9.30 horas. En Dodro será o Palacio de Lestrobe, ás 9.15 horas. En Ames establécense dous:  Milladoiro (Casa da Cultura ás 9.45 horas) e Bertamiráns (Pazo da Peregrina, ás 10.00 horas). E en Brión o autocar recollerá as persoas participantes na ruta na Carballeira de Santa Minia ás 9.45 horas.

Durante o percorrido visitaranse os lugares pertencentes ao territorio deste concellos que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal. A ruta comezará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, continuando ata a Tarroeira, na parroquia de Ortoño, ambos no Concello de Ames. A seguinte parada terá lugar no Concello de Brión e recalará na igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizan un dos seus versos máis afamados e soarán para o deleite das persoas participantes.

Cara a hora do almorzo está prevista a chegada a vila de Padrón onde se dispoñerá de tempo libre para descansar e comer. A comida non está incluída e será de carácter libre.

Xa pola tarde proseguirase o itinerario previsto polos concellos de Dodro e de Padrón, visitando as Torres de Hermida, o Espolón e a casa onde Rosalía viviu coa súa nai para finalizar na Casa Museo onde faleceu o día 15 de xullo do ano 1885.

Co obxectivo de poñer en valor estes lugares e achegalos á cidadanía, nesta ocasión configurouse unha experiencia tomando como base o seu valor paisaxístico e cultural engadindo información nova sobre a vida de Rosalía. Creouse un produto turístico a medida e específico, adaptado ás novas tendencias dun turismo cada vez máis experimental no cal as persoas asistentes participan no proceso e conectan cos valores dos territorios que se visitan.

Durante a xornada irán desvelándose diferentes Rosalías, a autora do legado literario, a voz do pobo galego e o ser humano de intensa vida espiritual que conecta co corazón das multitudes. Estas diferentes facetas e etapas vitais serán interpretadas por dúas actrices e irán desenvolvéndose ao longo do percorrido no que tamén se contará co acompañamento de música de zanfona e varias sorpresa.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…