-->

Padrón retoma o mércores 17 de maio as visitas teatralizadas, que durarán ata o mes de outubro

  • En total son catro propostas distintas, dúas a cargo dos Quinquilláns e as restantes protagonizadas por Suso Martínez ||

  • O Concello programa para o Día das Letras Galegas a primeira escenificación do ‘Camiño branco de Rosalía’, que terá outros catro pases entre xuño e outubro ||

  • Suso Martínez protagoniza catro sesións do ‘Chronicón iriense’, de xuño a setembro, e outros cinco de ‘A Traslatio’ en xullo, agosto e outubro ||

  • ‘Macías e Elvira. Tres camiño, tres destinos’ volve ao Xardín Botánico o 17 de xuño, o 28 de xullo e o 25 de agosto ||

  • Todas os pases comezan ás 12.00 horas, agás a de ‘A Traslatio’ que será ás 20.00 horas ||

  • As visitas son gratuítas aínda que para participar é preciso anotarse previamente na web da Oficina de Turismo ||

O Concellaría de Turismo de Padrón volve a poñer en marcha as visitas teatralizadas, unha actividade que se desenvolverá de maio a outubro. En total serán catro as propostas que porá novamente en marcha o Concello e que terán por finalidade poñer en valor a tradición xacobea da vila da man do Chronicón iriense e A Traslatio (ambas as dúas visitas teatrais a cargo do actor e guía Suso Martínez). Esta iniciativa quere resaltar dúas das figuras literarias máis sobranceiras das letras padronesas e da literatura galega co Camiño branco de Rosalía e Macías e Elvira. Tres camiños, tres destinos, ambas a cargo da compañía teatral Os Quinquilláns.

Todos os pases programados desenvolveranse en horario de mañá, ás 12.00 horas, agás A Traslatio que comezará ás 20.00 horas. As visitas serán gratuítas, pero para participar será preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo (neste enlace).

Deste xeito, e co gallo do Día das Letras Galegas, o Concello de Padrón programa a primeira das visitas teatralizadas para o mércores 17 de maio. Os Quinquilláns volverán a dar vida á figura de Rosalía de Castro e a do seu amigo o pintor Brocos, nun paseo que levará ás persoas participantes dende Fondo de Vila polas rúas do casco histórico. Será ás 12 horas.

Os seguintes pases de Camiño branco de Rosalía están previstos para o 14 de xullo, o 11 de agosto, o 9 de setembro e o 14 de outubro. Todos eles á mesma hora e con saída dende Fondo de Vila.

A segunda proposta das visitas teatralizadas, o  Chronicón iriense arrinca o sábado 3 de xuño, dende a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia. O actor Suso Martínez volverá a dar vida ao bispo Sisnando Menendiz para percorrer os principais recursos patrimoniais e naturais relacionados coa tradición do Padrón Xacobeo. O actor levará ás persoas participantes dende Iria ata Padrón, camiñando, para revivir a relevancia xacobea da vila ao longo do tempo.

As datas para participar no Chronicón iriense serán ademais do 3 de xuño, o 1 de xullo, o 16 de setembro e o 23 de setembro. Todos os pases serán ás 12.00 horas.

A terceira das propostas teatralizadas chega tamén da man de Suso Martínez, quen encarnará en ‘A Traslatio’ a Anastasio, o discípulo do Apóstolo Santiago, nunha visita que percorrerá tamén o Padrón Xacobeo para finalizar no Santiaguiño do Monte. Estas visitas desenvolveranse o 7 de xullo, o 21 de xullo, o 4 de agosto, o 18 de agosto e o 7 de outubro. Todos os pases comezarán ás 20.00 horas, con saída dende Fondo de Vila.

Finalmente a cuarta e última das propostas teatralizadas, Macías e Elvira. Tres camiño, tres destinos regresará ao Xardín Botánico de Padrón o 17 de xuño, o 28 de xullo e o 25 de agosto, ás 20.00 horas. Da man de Os Quinquilláns, o público coñecerá as tribulacións amorosas entre o trobador padronés, natural de Carcacía, e a dama. Ela obrigada a casar con quen non quería; el namorado dun amor prohibido e enviado ao cárcere onde foi martirizado polos seus inimigos. Ambos os dous personaxes encarnan o amor verdadeiro, a loita pola súa liberdade e a súa emancipación e través das tribulacións destes dou personaxes Os Quinquilláns amosarán ao público “os tres destinos posibles que ten o amor”.

Para máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse á Oficina de Turismo de Padrón, chamar por ao teléfono 646 593 319 ou enviar un mail á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…