O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galegas cunha actividades deportiva e cultural. Nesta última, Os Quinquilláns Teatro fixeron unha visita teatralizada polo casco histórico da vila chamada Camiño branco de Rosalía. Guiados polo pintor Modesto Brocos (Gabriel Penabade Outeiro), o único que a pintou en vida, a vintena de persoas participantes foron descubrindo algúns dos lugares frecuentados por Rosalía de Castro (Tero Rodríguez) e descubrindo algunhas anécdotas da vida da escritora.
“Trátase dunha viaxe de Rosalía para descubrir o Padrón de hoxe e as súas xentes”, explicaron os actores. Unha viaxe que comezou en Fondo de Vila e rematou no Xardín Botánico.
En xuño, novas visitas teatralizadas
Co Camiño branco de Rosalía, a Concellaría de Turismo de Padrón iniciou este ano o ciclo de visitas teatralizadas, que se desenvolverán entre os meses de xuño e outubro, coa finalidade de poñer en valor a tradición xacobea da vila da man do Chronicón iriense e A Traslatio (ambas as dúas visitas teatrais a cargo do actor e guía Suso Martínez), e resaltar a figura doutra das figuras literarias máis sobranceiras das letras padronesas cona proposta Macías e Elvira. Tres camiños, tres destinos, ambas a cargo da compañía teatral Os Quinquilláns.
Máis información sobre as visitas teatralizadas na web do Concello de Padrón, netes enlace.