-->

Padrón clausura o curso das Aulas Ategal máis numerosas de Galicia con 232 matriculados

Carmina Bustelo agradece a participación e implicación das persoas participantes. “Sodes un exemplo para nós e as vindeiras xeracións”  ||  

A concelleira recorda que en Irlanda representantes doutros países amosaron o seu interese por coñecer o funcionamento das Aulas sénior padronesas  ||  

A vicepresidenta de Ategal destacou a forte aposta do actual equipo de goberno para apoiar este iniciativa, que leva 30 anos en Padrón  ||  

20230609 Padron clausura Curso Ategal Aulas Senior 15

A concelleira de Participación Cidadá, Carmina Bustelo, clausurou esta maña o curso das Aulas Ategal de Padrón, que acaban de facer 30 anos e son as máis numerosas de Galicia, ao contar con 232 persoas matriculadas nas diferentes actividades. “A Aulas sénior de Padrón son máis que formación, son punto de encontro e de diálogo. Outro xeito de entender a vida que vos converte en tecido activo e proactivo da nosa sociedade”, díxolle a concelleira ao alumnado presente.

Na súa intervención Carmina Bustelo lembrou como recentemente, cando nun encontro celebrado en Irlanda contaron o que se facía nas Aulas Ategal, “representantes doutros países amosaron o seu interese por vir a Padrón a ver como traballamos e todo o que se facía aquí, e para que tamén vós puideses facer intercambios con outros países”. Coa clausura deste curso “pechamos tamén unha etapa, durante a cal o actual equipo de goberno puxo o voso benestar por enriba de todo”, díxolles aos presentes Carmina Bustelo, que se amosou especialmente orgullosa “de traballar ao voso carón” durante os dous últimos anos. Bustelo agradeceu tamén o traballo de Cruz Taboada e todo o equipo técnico que fai posible este proxecto.

A vicepresidenta de Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), Paula Sande, afirmou que as persoas participantes “conformades unha gran familia e sodes un exemplo para todos”. Sande agradeceu o apoio que durante trinta anos recibiu Ategal do Concello de Padrón, e en especial do actual equipo de goberno, “que fixo unha aposta forte para apoiar as Aulas sénior e facer delas o que son hoxe”. Tamén lle agradeceu a Xunta que xa tivera asinado con Ategal o convenio para financiar as aulas, “o que nos permitirá comezar o vindeiro curso con maior tranquilidade”.

Cruz Taboada, que é a coordinadora das Aulas Sénior de Padrón dende que se crearon hai tinta anos, lembrou como se puxeron en marcha e a súa evolución lendo una artigo que escribiu para o Libro das Festas de Pascua deste ano.

20230609 Padron clausura Curso Ategal Aulas Senior 29

O acto rematou coa intervención da doutora Estefanía Tordoya, especialista en medicina familiar, que falou de como afrontar a revolución emocional no século XXI para xestionar as emocións na vida cotiá.

Durante o acto, proxectouse un vídeo que recolle a participación dos 232 alumnos nas máis de 30 actividades que ofrecen as Aulas Ategal tanto en Padrón como en Carcacía, Angueira e Extramundi. A ximnasia de mantemento e as actividades relacionadas co exercicio son as máis concorridas destas aulas, que no último trimestre foron tamén pioneiras en Galicia ao comezar coa marcha nórdica para maiores. 

Aínda que hoxe se clausurou oficialmente o curso, o vindeiro día 14 está programada unha excursión a O Bierzo e durante este mes, a petición do alumnado, manteranse tanto a ximnasia de mantemento como as camiñadas e celebrarase un obradoiro para facer conservas vexetais.

No hall do auditorio municipal pódese ver unha exposición cos traballos realizados polo alumnado durante o presente curso en pintura ao óleo e en tela, en manualidades e en labores. A xornada rematou cun xantar de confraternidade no restaurante Scala no que participaron noventa persoas.

20230609 Padron clausura Curso Ategal Aulas Senior 29

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…