-->

'Abride a Fiestra’ regresa o 15 de xullo á Casa de Rosalía de Padrón con Xisco Feijoo, AldaoLado, Antón Reixa e Xurxo Souto

O festival acolle a xornada de portas abertas, con ata vinte actividades, entre as 11.00 horas e a medianoite na Horta, na Casa-Museo e no auditorio  // 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, subliña o carácter “transversal” do programa e afirma que a cita supón “un dos grandes eventos culturais que se celebran no noso municipio” // 

 

 

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón celebra o vindeiro 15 de xullo o festival ‘Abride a Fiestra’ coincidindo co 138 aniversario do pasamento da autora galega.

O programa desta quinta edición inclúe diferentes manifestacións culturais da man de artistas como Xisco Feijoo, AldaoLado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Olga Novo e Moncha Fuentes, entre outros.

O alcalde Padrón, Anxo Arca, xunto a Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Xurxo Couto, responsable de Cultura da Deputación da Coruña, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía foron os encargados de desvelar os pormenores deste festival nun acto de presentación que se levou a cabo este xoves na propia Casa-Museo.

202306230 presentacion abride a fiestra(3)

O rexedor padronés subliñou o carácter “transversal” do programa e afirmou que ‘Abride a Fiestra’ é “un dos grandes eventos culturais que se celebran no noso municipio”.

Anxo Arca convidou á veciñanza e aos visitantes a desfrutar desta cita na Casa de Rosalía, un espazo que supón “a casa de Padrón e a casa de Galicia, pois está aberta a toda a cidadanía”. “Dende o Concello de Padrón continuaremos a colaborar en todo o que nos sexa posible para acoller a toda a xente que queira visitarnos”, engadiu o alcalde.

Ata 20 actividades

‘Abride a Fiestra’ acolle a xornada de portas abertas, con ata vinte actividades, entre as 11.00 horas e a medianoite na Horta, na Casa-Museo e no auditorio.

Na Horta terán lugar o concerto de Xisco Feijoo ou as actuacións de AldaoLado, Antón Reixa e Xurxo Souto. Para os máis pequenos haberá un espazo de brinquedos tradicionais, un obradoiro de brinquedos sonoros e un concerto de Ce Orquestra Pantasma.

Na propia Casa-Museo actuará un pianista residente, Suso Alonso, que estará ao longo do día tocando no Piano de Rosalía, e tamén haberá visitas guiadas por persoeiros, como o académico Xosé Luís Axeitos, as profesoras Rita Bugallo e Carme Pérez-Sanjulián, e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

No Auditorio celebrarase unha charla sobre Manuel Murguía no centenario do seu pasamento a cargo de dous expertos no personaxe, Xosé Luís Axeitos e Henrique Rabuñal; Teatro Airiños, a compañía máis antiga de Galicia, presenta o libro conmemorativo dos seus 90 anos de vida cunha pequena actuación; e a xornalista Belén López conversará coa poeta Olga Novo e coa novelista Moncha Fuentes. Por último, terá lugar un acto institucional no que se lle entregará a Rosa de Galicia a unha persoa ou institución destacada na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano.

Ademais haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola e unha degustación de vermú Petroni. Poderase ademais xantar na propia Horta da Casa da Matanza.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…