-->

O ministro de Sanidade presenta en Padrón a campaña “Non Camiñas Soa” para previr a violencia machista no Camiño de Santiago

José Miñoñes asegura que a iniciativa do Goberno central estenderase a 1.600 puntos do Camiño ao seu paso por Galicia  ||  

O alcalde agradece a visita das autoridades para presentar unha medida “que axuda a solucionar necesidades reais da sociedade”  ||  

A campaña responde ao aumento da presenza de mulleres no Camiño, que xa superan aos homes  ||  

O Goberno pon a disposición das peregrinas en Galicia 20.000 carteis e 32.000 cartóns en tres idiomas coa información de emerxencia e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops  ||  

 20230707 Ministro Sanidad presenta Padron No Caminas Sola 29

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu ao ministro de Sanidade que escollese Padrón, berce do Xacobeo, polo que pasan “milleiros e milleiros de peregrinas e peregrinos” para presentar a campaña ‘Non Camiñas Soa: Camiño de Santiago Libre de Violencias Machistas’, que axuda a solucionar “necesidades reais da sociedade”. O ministro José Miñones, avanzou que esta iniciativa do Goberno central contra a violencia machista no Caiño estenderase este verán a máis de 1.600 puntos localizados en zonas de peregrinaxe de Galicia. Detallouno no acto de presentación pública deste programa, impulsado por terceiro ano consecutivo polas Delegacións do Goberno de Galicia, Navarra, Aragón, A Rioxa, Castela e León, territorios por onde discorre o Camiño Francés. 

A presentación desenvolveuse xunto ao albergue de peregrinos de Padrón, nun acto no que participaron, ademais do ministro e o propio alcalde, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller en Galicia, María Debén; o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Miguel Anxo González Arias e o xefe superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez Neto. Tamén participou a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña, Sara Catrain, en representación das 760 farmacias de Galicia que colaboran co seu desenvolvemento. 

20230707 Ministro Sanidad presenta Padron No Caminas Sola 6

Información e apoio

A campaña apóiase en facilitar o acceso a todos os recursos dispoñibles nos casos de violencia e acoso machista e a sensibilizar, previr e denunciar as violencias que sofren as mulleres. Para iso creouse un material específico (en español, inglés e galego) que se ofrece nos principais puntos de referencia para as peregrinas. En Galicia distribuiranse nesta edición 2.000 carteis e 32.000 cartóns, que se editaron en español, inglés e galego. Este material exhibirase e repartirase en 1.600 puntos situados en todas as rutas dos Camiños de Santiago en Galicia, entre os que se inclúen: 393 albergues, públicos e privados; 760 farmacias; 80 comandancias e postos de Garda Civil; 15 comisarías e oficinas de Policía Nacional, 133 oficinas de turismo e municipais, 143 centros hospitalarios e 69 dependencias de Policía Local

As tarxetas inclúen información de emerxencias e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Un código QR enlazaraas cunha web de recursos do Goberno central para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade.

20230707 Ministro Sanidad presenta Padron No Caminas Sola 21

Compromiso contra a violencia machista

O ministro subliñou a pertinencia desta campaña ao apuntar que nos últimos anos incrementouse a presenza de mulleres no Camiño de Santiago, de forma que hoxe superan aos homes peregrinos. Xunto a iso, enmarcou esta iniciativa no compromiso do Goberno de España pola igualdade e contra a violencia de xénero. 

Así, lembrou que hai 4.522 casos activos en Galicia no Sistema Viogen (Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero) do Ministerio do Interior e que 50 concellos galegos xa cooperan con este programa de seguimento e protección de vítimas.

Estas políticas de seguridade complétanse cos investimentos públicos, que no caso de Galicia ascenderon desde 2019 a 68,2 millóns de euros. Esta cantidade destinouse a financiar actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a impulsar a creación de centros de atención 24h a vítimas de violencia sexual no catro provincias. 

Benvida do alcalde

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, deulle a benvida as autoridades e agradeceu que escolleran Padrón, o berce do Xacobeo, que recibe a milleiros e milleiros de peregrinas e peregrinos “para presentar unha campaña tan relevante”. Anxo Arca considerou “fundamental” este apoio para as peregrinas e que “saiban onde teñen que acudir se sofren algún tipo de acoso”.

Para o alcalde de Padrón esta iniciativa demostra que “o Goberno de España é sensible a este realidade e que fai políticas encamiñadas a solucionar necesidades reais, o que repercute en beneficio de toda a sociedade”, e tamén dos concellos.

Un Camiño de Santiago seguro

O delegado do Goberno, Pedro Branco, reiterou que o Camiño de Santiago é un destino seguro, sendo unha condición que destacan as persoas que optan por esta actividade e que rubrican as estatísticas. No caso da violencia sexual, detallou que nos dous últimos anos Garda Civil e Policía Nacional investigaron e resolveron seis denuncias por acoso a peregrinas en Galicia, que se circunscribiron a un acoso verbal e intimidatorio.

Doutra banda, lembrou que ambos os corpos de seguridade despregan operativos específicos para protexer as zonas turísticas e o Camiño de Santiago, dentro da operación Verán do Ministerio do Interior. No caso de Galicia, o operativo mobiliza ata o 31 de agosto a 3.642 efectivos policiais no catro provincias.

20230707 Ministro Sanidad presenta Padron No Caminas Sola 3

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…