-->

A Feira Medieval enche as rúas de Padrón de música, postos de artesanía e numerosas actividades ata o domingo

O ministro de Sanidade, José Miñones; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a subdelegada, María Rivas, visitaron a feira acompañados polo alcalde e membros do goberno local  || 

Os visitantes teñen a súa disposición un fotocall na praza de Macías para levar un recordo  ||  

20230707 Ministro Sanidad visita feira Medieval 34

 

A Feira Medieval volve encher de colorido e múltiples actividades as rúas de Padrón. Os pasarrúas musicais de Upsala, os obradoiros de oficios e a apertura do mercado con numerosos postos de artesanía marcaron o inicio desta décimo sexta edición, que contou coa visita do ministro de Sanidade, que percorreu a feira despois de presentar a campaña Non Camiñas Soa, para erradicar as violencias machistas nos Camiños de Santiago.

Numerosos peregrinos, padroneses e visitantes estiveron esta tarde percorrendo as rúas do casco histórico para ver os obradoiros de oficios e os numerosos postos de artesanía cos que conta a feira. A última hora, compartiron este percorrido coas autoridades. Acompañando ao ministro estaban o alcalde, Anxo Arca, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada na Coruña, María Rivas, e membros do goberno local.

As actividades continúan continúan mañá, sábado, coa apertura mercado ás 11.00 horas, pasarúas musicais e a Bola Xigante. Na praza de Baltar mantéñense os obradoiros de antigos oficios durante todo o día. A partir das 20.00 horas na praza Rodríguez Cobián comezará o torneo de loita corpo a corpo, onde os nobres cabaleiros loitarán pola súa honra. As nove e media, nesta mesma praza, está programado o concerto de Turdión.

O domingo contará tamén con actividades dende as once da mañá. As 22.30 está programado un espectáculo de lume a cargo de Asacocirco.

O programa completo para a fin de semana é o seguinte:

Sábado, 8 de xullo

11:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

11:10 h. Pasarrúas musical e teatral.

12:00 h. Comitiva de autoridades e organización presentarán o Mercado Medieval.

12:00 h. ‘Bola Xigante’ Itinerante. Cía El Niño del Lápiz.

13:15 h. Pasarrúas Musical ‘Turdión’ ‘Upsala Medieval ‘e ‘Un por cada extremo’.

14:00 h. Hora ‘del Buen Yantar’.

18:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

18:10 h. O espectáculo ‘Turdión’ encherá de acordes musicais as rúas da nobre Vila de Padrón.

18:20 h. Obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

18:30 h. As personaxes interactúan polo mercado ‘bufones  y sus k-charros". Cía El Niño del Lápiz.

20:00 h. Torneo de loita corpo a corpo, onde os nobres cabaleiros loitarán pola súa honra. Praza Rodríguez Cobián.

20:30 h. ‘A Horda de Melkor’, seres mitolóxicos farán falcatruadas entre os asistentes.

21:30 h. Concerto sobre escenario: ‘Turdión’. Praza Rodríguez Cobián.

23:00 h. Grande espectáculo itinerante ‘Errantes’. Cía Troula.

00:00 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

01.00 h. Peche do Mercado Medieval.

Domingo, 9 de xullo

11:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

11:15 h. A animación e a música abandonan o Mercado Medieval e marchan polo mercado dominical.

11:45 h. Photocall cos loitadores. Praza Macías. 

13:15 h. Continúan as actividades ata a hora do ‘Buen Yantar’.

14:00 h. Hora do ‘Buen Yantar’.

18:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

18:15 h. Personaxes fan falcatruadas entre o público.

19:20 h. Pasarrúas musical ‘Turdión’, ‘Upsala Medieval’ e ‘Un por cada extremo’ alegrarán a nobre Vila de Padrón.  

20:00 h. Pasarrúas itinerante: ‘Bola Xigante’ e ‘Cómicos de la Corte’. 

21:00 h. Pasarrúas musical itinerante: ‘Upsala Medieval’.

21:30 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

22:00 h. Pasarrúas musical: ‘Un por cada extremo’.

22:30 h.  Grande espectáculo de lume. ‘Asacocirco’. Praza Macías.

23:15 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios.

00:00 h. Peche do Mercado Medieval e despedida ata o vindeiro ano.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…