-->

Acrobacias encima dunha bola xigante, pelexas de cabaleiros, moita música e un paseo en tren na Feira Medieval de Padrón

Máis de setenta postos de artesanía enchen de colorido e unha variada oferta as rúas do casco histórico  ||  

Turdión ofrece un concerto sobre escenario e participou nos pasarrúas con Upsala  ||  

O corpo a corpo de cabaleiros foi un dos atractivos da xornada, xunto co paseo en tren polo casco histórico  ||  

O alcalde e membros do goberno local fixeron esta mañá un percorrido polo mercado  ||  

 

20230708 Padron Feira Medieval visita autoridades 42

 

A loita de cabaleiros para defender a súa honra, con vistosas armaduras e grandes espadas, as acrobacias sobre a bola xigante percorrendo as rúas e a música de Upsala e Turdión, así como o paseo en tren son algunhas das actuacións coas que hoxe puideron gozar padroneses e visitantes durante a Feira Medieval. Os máis de 70 postos do mercado enchen de colorido e ofertas as rúas do casco histórico, que percorreron o alcalde, Anxo Arca, e membros do goberno local pola mañá.

Os obradoiros de oficios tradicionais son outros dos atractivos da feira. As persoas interesadas poden ver como se traballa o vidro, a pedra ou a madeira, como se fai pan ou se tallan pedras e se prepara a lá para facer roupa. Durante o percorrido polo mercado, Anxo Arca puido comprobar de primeira man as características dalgúns destes oficios conversando cos artesáns. Un deles regaloulle un cadro co seu nome escrito en gena con caracteres árabes, ademais de explicarlle o seu significado.

Para quen non queira camiñar, pode dar un paseo en tren polas rúas do casco histórico, como fixeron os membros do equipo de goberno durante a súa visita ao mercado. O circuíto e circular, comeza na praza de Ramón Tojo.

20230708 Padron Feira Medieval visita autoridades 37

A música de frautas, gaitas e tambores correo a cargo hoxe de Upsala e Turdión, que ofreceu un concerto sobre o escenario da praza Rodríguez Cobián as nove e media da noite. Unhas melodías que animaron a moitos dos visitantes a aplaudir e, incluso, a bailar algunhas das pezas. A compañía El Niño del Lápiz sorprendeu a padroneses e visitantes coas súas acrobacias e o percorrido sobre unha bola xigante dun dos seus membros.

Este sábado, un dos espectáculos que espertou máis intereses foi a loita corpo a corpo dos cabaleiros para defender a súa honra. Un espectáculo que contou con numeroso público na praza Rodríguez Cobián.

A Feira Medieval encheu padrón de colorido e actividades ata despois da medianoite, cando se pecharon os postos do mercado ata mañá, último día desta décimo sexta edición,, no que o espectáculo de lumes (22.30 horas) é un dos pratos fortes.

20230708 Padron Feira Medieval visita autoridades 17

O programa de mañá, domingo, 9 de xullo, é o seguinte

11:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

11:15 h. A animación e a música abandonan o Mercado Medieval e marchan polo mercado dominical.

11:45 h. Photocall cos loitadores. Praza Macías. 

13:15 h. Continúan as actividades ata a hora do ‘Buen Yantar’.

14:00 h. Hora do ‘Buen Yantar’.

18:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

18:15 h. Personaxes fan falcatruadas entre o público.

19:20 h. Pasarrúas musical ‘Turdión’, ‘Upsala Medieval’ e ‘Un por cada extremo’ alegrarán a nobre Vila de Padrón.  

20:00 h. Pasarrúas itinerante: ‘Bola Xigante’ e ‘Cómicos de la Corte’. 

21:00 h. Pasarrúas musical itinerante: ‘Upsala Medieval’.

21:30 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

22:00 h. Pasarrúas musical: ‘Un por cada extremo’.

22:30 h.  Grande espectáculo de lume. ‘Asacocirco’. Praza Macías.

23:15 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios.

00:00 h. Peche do Mercado Medieval e despedida ata o vindeiro ano.

20230708 Padron Feira Medieval visita autoridades 40

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…