-->

O espectáculo de lume pechou en Padrón unha Feira Medieval que xuntou milleiros de persoas

Numeroso público presenciou na praza de Macías as acrobacias de Asacocirco  ||  

As actuacións musicais de Upsala e Turdión foron moi aplaudidas, ao igual que a loita de cabaleiros e o espectáculo ‘Errantes’ do sábado  ||  

20230709 Padron Feira Medieval espectaculo lume 25

O espectáculo de lume de Asacocirco púxolle onte o colofón á décimo sexta edición da Feira Medieval de Padrón, que encheu as rúas do casco histórico de milleiros de veciños e visitantes que gozaron dos numerosos espectáculos programados. As actuacións de música medieval, a loita de cabaleiros e os paseos en tren foron outros dos atractivos do evento, que contou con máis de setenta postos de artesanía.

O lume foi o protagonista das acrobacias coas que Joao Alvim e Miriam Crespo sorprenderon onte aos centos de persoas que se concentraron na praza de Macías, que non deixaron de aplaudir durante todo o espectáculo. Antes de comezar, pequenos e maiores animáronse a bailar e cantar algunhas das pezas que interpretou Upsala no mesmo escenario na súa última actuación musical nesta feira.

20230708 Padron Feira Medieval Sabado loita concerto 1

A loita de cabaleiros corpo a corpo, a actuación musical de Turdión e o espectáculo ‘Errantes’, da Cía Troula, foron moi aplaudidos polo público que visitou Padrón o sábado. O percorrido da bóla xigante de El Niño Lápiz e os paseos en tren polas rúas do casco histórico foron outros dos atractivos da Feira Medieval, na que moitas persoas decidiron vestir traxes de época.

Os máis de setenta postos de artesanía estiveron tamén moi concorridos durante toda a fin de semana, como recoñecían os propios artesáns. Complementáronse cos obradoiros de oficios antigos, como o de pan, vidro, tallado de pedra ou de madeira.

20230708 Padron Feira Medieval Sabado loita concerto 15

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…