-->

O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera como Peregrino de Honra

O vigués, fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, destaca pola súa labor como investigador, divulgador e promotor // 

Será o sexto premiado co ‘Padrón, Berce do Xacobeo’ que xa recibiron, entre outros, Pepe Domingo Castaño ou Manuel Garrido Rivero // 

A vila padronesa celebrará o Día do Peregrino na igrexa de Santiago o vindeiro venres 21 de xullo // 

 
O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera Autrán co premio Padrón, Berce do Xacobeo, un galardón que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño.
 
O acto, que se enmarca na celebración do Día do Peregrino, desenvolverase o venres 21 de xullo, a partir das 12.00 horas, na igrexa parroquial de Santiago de Padrón. 
 
Nado en Vigo en 1953, José Antonio de la Riera Autrán é fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), entidade que foi recoñecida co Premio Elías Valiña 2004 á recuperación dos Camiños de Santiago, un premio que conceden a Xunta e o Comité Internacional de Expertos do Camiño. Ademais é fundador da FICS e actual vocal de comunicación da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que acolle a peregrinos de 29 países.
 
Con esta distinción, o Concello de Padrón pon en valor tamén a experiencia como peregrino e hospitaleiro de José Antonio de la Riera, unha das persoas máis implicadas no estudo, na conservación, na defensa e na promoción do Camiño.
 
O premio Padrón, Berce do Xacobeo foi instaurado no ano 2017 polo Concello padronés para destacar o traballo realizado por persoeiros relevantes a prol do Camiño, co obxectivo de que exerzan ademais como embaixadores de Padrón nas rutas xacobeas. O premio tamén tributa un recoñecemento simbólico aos peregrinos que diariamente transitan pola vila así como para insistir na relevancia de Padrón na propia tradición xacobea.
 
Persoeiros tan recoñecidos como o periodista radiofónico Pepe Domingo Castaño (2017) ou o estudoso do Camiño de Santiago Manuel Garrido Rivero (2018) preceden esta sexta edición.
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…