-->

O Concello de Padrón felicita a Carmen Rivera, Carmucha, polo seu 107 aniversario

  • O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, visitaron á coñecida pementeira en nome da toda a veciñanza

  • O goberno local expresoulle a Carmucha os seus parabéns, destacando a súa admirable vida marcada por décadas de duro traballo, esforzo e dedicación

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, felicitaron en nome de toda a veciñanza a Carmen Rivera Magariños, coñecida como Carmucha, polo seu aniversario. A coñecida pementeira de Herbón cumpriu 107 años este martes 28 de novembro, e a visita converteuse nun emotivo encontro cheo de recoñecemento e afecto.

O alcalde padronés expresoulle a Carmucha as súas felicitacións, destacando a súa admirable vida marcada por décadas de duro traballo, esforzo e dedicación.

Anxo Arca eloxiou a contribución de Carmucha ao cultivo do pemento, actividade que forma parte da historia e da identidade de Padrón. A lonxevidade de Carmucha e o seu compromiso con este traballo convértena en testemuña da traxectoria deste produto durante os últimos anos.

A concelleira Mariló Saco uniuse aos parabéns, subliñando a importancia de preservar e honrar ás tradicións locais, así como o valioso papel de persoas como Carmucha na transmisión de coñecementos xeracionais sobre o pemento.

A visita, na que tamén estaban presentes os seus fillos Carmucha, Lourdes e Jorge, converteuse nunha fermosa homenaxe a unha vida dedicada ao traballo e ao enriquecemento da comunidade da vila de Padrón.

Carmucha é parte da historia de Herbón como pementeira e taberneira xa que, xunto ao seu marido, abriu no ano 1962 o bar Casa Dios e fundou unha marca propia, Pementos Carmucha, que mestura tradición e innovación na elaboración de produtos derivados do pimento.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…