-->

Padrón celebra o acendido das luces de Nadal

  • O alcalde Anxo Arca, membros do goberno local e a veciñanza desfrutaron dos novos adornos desta época especial 

  • As rúas e prazas do concello conforman un escenario festivo e cheo de cor especialmente deseñado para a cativada 

  • A Asociación A Carballeira de Estramundi estivo animando as rúas coas súas pandeiretas e cantando panxoliñas

3

As rúas e prazas do Concello de Padrón están xa engalanadas para este Nadal. Ás 18.00 horas desta tarde o goberno local asistiu ao acendido das luces cun paseo por diferentes zonas do pobo que serviu para que o alcalde, Anxo Arca, membros da Corporación municipal e a veciñanza desen a benvida oficial a esta época festiva.

A Asociación A Carballeira de Estramundi sumouse á celebración e estivo animando as rúas coas da vila cantando panxoliñas.

4

O investimento dos adornos e das luces de Nadal deste ano incrementouse co obxectivo de renovar os materiais, as figuras e sobre todo dar uniformidade ao deseño. O pequeno poboado, as figuras xigantes cheas de luces e a posibilidade mesmo de photocalls coas figuriñas de renos foron escollidas especialmente pensando no desfrute da cativada.

Con esta decoración, o goberno local busca fortalecer os lazos comunitarios e xerar un sentido de pertenza ademais de estimular a economía local e atraer visitantes.

22

O Concello de Padrón iniciou oficialmente as festividades do Nadal con este acto, convidando a todos a gozar das actividades planificadas e compartir a maxia da tempada con familiares e amigos. A iluminación festiva permanecerá acendida todas as tardes dende as 18.00 horas e ata o final das celebracións, creando un ambiente cálido e acolledor para todos os que se acheguen ata o municipio

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…