-->

Padrón reforza a identidade europea en tempo de crise co programa Cidadáns, Igualdade, Direitos e Valores

20231025 Bordeos encontro Europeo

O Concello de Padrón promove o proxecto Reforzar a identidade europea en tempos de crise, financiado pola Unión Europea dentro do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE. Esta iniciativa incide en buscar vías de colaboración e lugares de convivencia para que todos xuntos avancemos cara ao futuro.

O proxecto de Padrón é o primeiro que a UE lle aproba a un municipio de Galicia no programa CERV e os seus principais obxectivos son ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía europea, os valores e normas democráticas que nos son comúns e reforzar o entendemento impulsando, entre outras medidas, unha boa gobernanza local.  

Para acadar estes obxectivos, Padrón promoverá a participación activa tanto a nivel local como europeo con diferentes actividades como grupos de discusión, obradoiros, visitas culturais, etc, e desenvolverá accións dirixidas á xente nova para involucrala nos procesos políticos e institucionais abordando temas de actualidade. Bruxelas financiou a iniciativa padronesa cunha achega de 145.000 euros.

O programa, que se desenvolverá ata mediados do ano 2024, contempla a celebración de cinco encontros noutras tantas localidades. O primeiro celebrouse en Padrón, do 1 ao 4 de marzo de 2023; o segundo en Bordeos (Francia), do 18 ao 21 de outubro; e o terceiro en Hal Kirkop (Malta), do 13 ao 16 de decembro. Os seguintes celebraranse en Andrychow (Polonia) e Kekava (Letonia). Os países participantes son España, Francia, Alemaña, Malta, Portugal, Italia, Grecia, Romanía, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Letonia, Hungría, Croacia, Bélxica, Polonia e Suecia.

No primeiro encontro celebrado en Padrón, representantes de 16 países da Unión Europea asinaron un Pacto de Amizade, que foi rubricado por 34 membros de once municipios e seis organismos civís europeos.

 

Enlace ás novas

Primeiro encontro: O alcalde de Padrón preside un Pacto de Amizade entre representantes de dezaseis países europeos

Segundo encontro: O Concello de Padrón participa en Bordeos (Francia) no II encontro do proxecto da rede de cidades titulado “Reforzar a identidade europea en tempos de crise”

Terceiro encontro: Padrón promove a identidade europea no terceiro encontro da rede de cidades celebrado en Malta

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…