-->

Correos emite un selo que lembra o centenario do nacemento do Nobel padronés Camilo José Cela

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas Herrera, e a subdirectora da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez, presentaron hoxe no Auditorio Municipal un selo adicado á lembranza do centenario do nacemento (1916 - 2016) do Premio Nobel padronés.

Na súa intervención, o rexedor local agradeceulle a Correos a emisión deste selo centrado en Camilo José Cela porque contribúe a "ensalzar e proxectar aínda máis o recordo dun escritor irrepetible e os seus vínculos con esta terra". Na súa opinión, esta acción "axudará tamén a que a xente se achegue ata Padrón para coñecer a Fundación Camilo José Cela e moitos dos seus escenarios vitais".

Para Fernández Angueira, os padroneses deben sentirse "uns privilexiados por pertencer a un dos concellos de España con maior vinculación ao mundo das letras e con maior riqueza literaria", xa que "poucos pobos poden percorrer a súa historia a través da literatura valéndose de protagonistas como Macías O Namorado, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela", de quen lembrou que publicou máis de 120 títulos, con múltiples edicións e con traducións a máis de 40 idiomas.

"Aínda que é certo que tiña sangue de tres nacións e que os derroteiros da vida o alonxaron por momentos desta terra, aquí é onde descansa e el nunca deixou de sentirse padronés e orgulloso das súas orixes", enfatizou o alcalde, antes de engadir que "afortunadamente para nós, a vida e obra de Camilo José Cela permitiríanos celebrar cada ano algunha efeméride dos principais fitos que marcaron a súa existencia". En concreto, apuntou que neste 2017 que xa remata cumpriríanse 60 anos do seu ingreso na Real Academia Española e 30 anos da obtención do Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Precisamente, en relación cos premios recibidos por Camilo José Cela, o alcalde aproveitou a presenza do director de Filatelia de Correos para instalo a preparar para 2019, cando se cumprirán 30 anos da obtención do Premio Nobel de Literatura, un novo selo conmemorativo desa efeméride. "Foi o recoñecemento que situou a Camilo José Cela no olimpo internacional dos escritores e que tamén axudou a posicionar o nome de Padrón no mapa, polo que desde o concello comezaremos a traballar sen présa pero sen pausa para organizar algo especial para esa data", anunciou o rexedor.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…