-->

Luis Menor e os alcaldes da comarca visitan o GES de Padrón, que realizou 1.302 intervencións en 2017

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Rois e Dodro, Ramón Tojo e Valentín Alfonsín, acompañaron esta mañá ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, na visita á base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón (AVPC) e do Grupo de Emerxencias Municipal (GES), que no último ano realizou un total de 1.302 intervencións.

Desta cantidade de servizos, un total de 817 realizáronse no Concello de Padrón, 314 en Rois e 159 en Dodro, repartíndose os demais en saídas puntuais a municipios como Pontecesures, Teo, Boiro, Rianxo, Lousame e Negreira. En canto ás características, a maior parte das intervencións correspondéronse coa retirada e eliminación de niños de vespa velutina (175 en Padrón, 171 en Rois e 67 en Dodro), seguidas das intervencións relacionadas con accidentes de tráfico e limpeza de vías e os incendios (forestais e urbanos).

Nesta visita, na que tamén estiveron presentes efectivos de ambos servizos, o concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, e o director do Distrito Forestal IV, Odón López, o director xeral de Emerxencias e Interior destacou que a AVPC e o GES de Padrón recibiron nos últimos anos equipamento para atención das emerxencias cun valor que supera os 112.000 euros.

Segundo explicou Luis Menor, o Concello de Padrón recibiu un vehículo todo terreo pick-up, un remolque con carpa presurizada, un remolque de emerxencias e unha embarcación pneumática, ademais dun equipo de excarceración, tres traxes e unha pértiga para a loita contra vespa velutina.

A AVPC de Padrón funciona ininterrompidamente desde o ano 1995, mentres que o GES constituiuse no ano 2013, compartindo ambos base no Polígono Industrial de Pazos, medios e recursos.

Ademais, no seo de ambos servizos formouse un grupo de busca e rescate de persoas desaparecidas con guías e cans de busca, polo que no ano 2016 asinouse un convenio de colaboración coa Xunta que posibilita o funcionamento deste servizo, actuando non só na Comarca do Sar, senón noutros concellos onde se reclaman a través do 112. Este grupo está integrado por catro guías e seis cans adestrados e operativos, tendo outros tres cans en fase de aprendizaxe.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…