-->

Eduardo Rodríguez Cunha, gañador do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

 

Os membros do xurado do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que convoca o Concello de Padrón e que ten unha dotación económica de 1.200 euros, unha estatuiña de Maruxa Villanueva e un diploma, acordaron hoxe concederlle este galardón a Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán".

Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego e membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro, Alfonso Becerra Rojo; o profesor da Escola Superior de Arte Dramático Roberto Pascual Rodríguez; a actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos Comba Campoy García; e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria.

Segundo o criterio do xurado, "Tatán" resultou merecente do galardón pola súa "longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos", así como pola súa contribución "á construción dun teatro de títeres galego moderno". "A carón de Tanxarina Títeres proxectou internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos, con especial atención á lusofonía", destacou o xurado. Ademais, valorou "o seu traballo de base en Redondela, onde contribuíu á creación de novos públicos para o teatro a través da Mostra Internacional de Títeres de Redondela" e incidiu en que "proba de todo isto pódese atopar na Galiña Azul, o seu último espectáculo estreado en 2017".

A concelleira de Cultura e presidenta do xurado adiantou que o acto de entrega do premio levarase a cabo no mes de novembro en Padrón, coincidindo coa apertura da programación do Outono Cultural.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…