-->

O goberno local de Padrón apoia á plataforma contra a planta de residuos en Casalonga

 

O goberno local de Padrón aproveitou hoxe a reunión da Xunta de Goberno Local para manifestar o seu respaldo ás reivindicacións da plataforma promovida no Concello de Teo para rexeitar a instalación dunha planta de xestión de residuos na canteira de Casalonga.

Para o goberno padronés, que precisa que Cruces sería a parroquia padronesa máis afectada pola proximidade á zona elixida pola empresa promotora, son "máis que razoables" as dúbidas acerca do "impacto ambiental real" que tería a implantación da planta en Casalonga sobre diferentes lugares do municipio, como poden ser Areal, Angueira e A Picaraña, entre outros. Ademais, de xeito particular, considera negativa a súa posible repercusión sobre o treito do Camiño Portugués que transcorre entre Padrón e Santiago.

Ao respecto, o goberno local precisa que un informe técnico encargado polo Concello de Teo e elaborado pola firma Habitaq Estratexias advirte que "existen dúbidas en canto ao impacto ambiental sobre flora e fauna, consumo e verquidos de auga, posibles filtracións, etc., o que suporía un impacto negativo para a contorna, o seu medio ambiente e a poboación humana, como o poden ser, igualmente, posibles problemas derivados da aparición de plagas, cheiros, etc.". Por estes motivos, o goberno local decidiu pronunciarse en contra da instalación do devandito proxecto nas condicións descritas no mesmo.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…