Print this page
-->

O Concello expón do 11 ao 18 de marzo as listas do censo electoral

 

O Concello de Padrón exporá ao público entre os días 11 e 18 de marzo as listas do Censo Electoral de Residentes (CER) e do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERE) para as Eleccións ás Cortes Xerais do vindeiro 28 de abril coa finalidade de que se poidan revisar e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.

As listas do censo poderán consultarse na pranta baixa do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ademais, infórmase que a Oficina do Censo Electoral ten a disposición dos electores o teléfono 901 101 900 para realizar consultas.

As consultas das listas do censo só poderá realizalas a propia persoa interesada, que deberá identificarse mediante o DNI, o pasaporte ou o permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular. 

Desde o Concello recoméndase especialmente que consulten o censo as persoas que recentemente cumpriron 18 anos ou que tramitaron algunha modificación no Padrón de Habitantes.

Anuncio de exposición das listas do Censo Electoral para as Eleccións ás Cortes Xerais.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…