-->

A Oficina do Voluntariado retoma o proxecto "Libros Viaxeiros" en colaboración con AMIPA

 

A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, informou hoxe que a Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) está a retomar a iniciativa "Libros Viaxeiros" tralo éxito colleitado durante o primeiro semestre do ano. Con tal fin, nos vindeiros días abrirase un novo período de inscrición para que aqueles establecementos interesados en colaborar poidan facelo.

Cómpre lembrar que este proxecto, que a Oficina do Voluntariado desenvolve en colaboración coa asociación de persoas con discapacidade intelectual AMIPA, persegue o dobre obxectivo de promover a integración social da poboación con diversidade funcional e discapacidade intelectual da comarca, ademais de actuar como estratexia para democratizar a cultura. Para conseguilo, o proxecto "Libros Viaxeiros" emprega obras literarias de lectura doada que facilitan a comprensión e que nesta etapa están a disposición da cidadanía na Biblioteca Municipal padronesa.

A metodoloxía deste proxecto implica a lectura individual das obras elixidas por parte do público asistente e o posterior comentario e debate nun espazo comunitario que vai mudando. As citas de encontro para o debate das obras de lectura elixidas coinciden na mañá dun venres ao mes, de 11.30 a 13.00 horas, sempre en espazos comunitarios.

Na primeira sesión deste outono o escenario da actividade foi o Café Bar Ruta Xacobea, onde se comentou a obra "Un reloj con dos iniciales", de Silvia Llorente Briones. Esta novela de corte social resultou moi interesante e contou cunha gran acollida entre o público lector ao tratar temas de gran actualidade como a inmigración, a soedade das persoas maiores, as relaciones interxeracionais e, sempre como telón de fondo, o tema central da Guerra Civil e a importancia da memoria histórica.

Lorena Couso subliña que a OMV e AMIPA "partindo da excelente acollida e os bos resultados obtidos, están a traballar na continuidade desta iniciativa pioneira, que implica a colaboración do sector hostaleiro na distribución das obras e na acollida dos grupos de debate".

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…