-->

Padrón abre ata o 25 de xaneiro o prazo para pagar as taxas da instalación de atraccións feirais na Festa da Pascua

A Xunta de Goberno vén de abrir o prazo de pago das taxas para a instalacións de atraccións feirais na Festa da Pascua 2020, que terá lugar do 5 (Domingo de Ramos) ao 19 de abril (Domingo de Pascuilla). Deste xeito, as persoas que sexan titulares das autorizacións para a instalación de atraccións feirais, licitadas en 2017 ata 2020, dispoñen ata o 25 de xaneiro para proceder ao seu pago.

Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que publica hoxe a aprobación das datas de celebración da Festa da Pascua para este 2020. Para abonar as taxas, os usuarios terán que adxuntar o Modelo de autoliquidación que se recolle como Anexo A ao prego de condicións e que se pode descargar premendo aquí.

En caso de que o adxudicatario non cumprimentase este pagamento no prazo sinalado, declararase extinguida a autorización e procederase á adxudicación dese espazo ao licitador coa seguinte oferta máis vantaxosa economicamente. En caso de que quedaran parcelas libres, volveríase abrir un novo procedemento de licitación.

Unha vez realizados todos os trámites, os adxudicatarios poderán iniciar a montaxe das instalacións feirais o 29 de marzo de 2020, a partir das 19:00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e realizada a limpeza do mesmo. As atraccións deberán estar desmontadas antes das 00:00 horas do 24 de abril.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…