-->

O Concello de Padrón retoma as visitas teatralizadas á Casa-Museo Rosalía de Castro todos os sábados de xaneiro e febreiro

O Concello de Padrón retoma este sábado 11 de xaneiro as visitas teatralizadas á Casa-Museo Rosalía de Castro, unha iniciativa que terá lugar todos os sábados de xaneiro e febreiro ás 17:00 horas. As visitas están protagonizadas pola compañía de teatro Os Quinquilláns e organizadas o Concello de Padrón no marco do programa O Teu Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia.

Para participar só é preciso anotarse previamente na Oficina de Turismo de Padrón, chamando ao teléfono 646 593 319 ou enviando un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A visita é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas está limitado a 35 persoas por representación. De feito, a concelleira de Turismo e Xacobeo 21, Lorena Couso, destaca que “as visitas teatralizadas están a ser todo un éxito. Nas sete visitas realizadas en outubro e novembro participaron máis de duascentas persoas, e incluso temos xente na lista de agarda”.

Nestas postas en escena Os Quinquilláns, encarnando a Rosalía de Castro e ao pintor Modesto Brocos (autor do único retrato pintado en vida da escritora), convidan aos asistentes a percorrer a casa-museo e os seus xardíns, ao tempo que os achegan ao mundo rosaliano. Estas visitas teatralizadas están enmarcadas no proxecto “Camiño Branco de Rosalía”, que o Concello de Padrón desenvolve ao abeiro das axudas do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…