-->

O Concello de Padrón aproba os orzamentos máis sociais da súa historia

O Concello de Padrón aprobou esta mañá en sesión plenaria o orzamento do 2020 con importantes partidas para os Servizos Sociais, o que o converten no presuposto máis social da historia da vila. O orzamento de 8.054.888,35 euros  saíu adiante cos votos a favor do Grupo Popular, ca abstención do PSOE e de Compromiso por Padrón, e co voto en contra da edila do BNG. Os fondos destinados á asistencia de persoas dependentes incrementouse en máis dun 50% respecto ao último exercicio, no que tamén se tiña aumentado. Este ano destinaranse 22.000 euros máis que en 2019, polo que en total inverteranse 340.000 para este servizo.

Ademais, dada a incertidume na evolución da pandemia da Covid-19, o presuposto recolle un apartado de gastos para cubrilas necesidades sociais derivadas desta crise. En total, resérvanse 55.000 euros, que implican unha subida de 28.000 euros para os servizos sociais, estudos e traballos técnicos deste campo. O Alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, sinalou que nos últimos meses “a demanda dos servizos sociais incrementouse considerablemente pola crise da Covid-19, polo que dende o executivo temos que dar resposta en base ao compromiso que mantemos de mellorar a vida da veciñanza de Padrón”.

Nestes orzamentos procedeuse á revisión da partida de recollida de residuos, que agora reciben 600.000 euros fronte aos 550.000 euros do último presuposto. Esta decisión responde á suba dos prezos realizada por Sogama, e tamén á previsible licitación do servizo de recollida do lixo municipal. Así mesmo, o documento prevé contías para licitar a escola infantil municipal e para a elaboración do inventario municipal.

O importe total dos investimentos previstos no orzamento para o ano 2020 é de 985.164,71 euros, e destacan as seguintes:

  • Contrución dunha nova oficina de Turismo en Padrón: 122.957,45 euros
  • Pavimentación en Prada (Cruces), con retranqueo do muro e pavimentación en Rial (Carcacía): 93.725,94 euros
  • Mellora do camiño en Extramundi de Abaixo: 72.696,59 euros
  • Mellora en camiño en Pedroso Sur: 47.234, 33 euros
  • Mellora en Camiño da Barca a Cortiñas (Herbón): 87.723,77 euros
  • Mellora na pista de Berzaos a Rial do Mato (Carcacía): 123.524,60 euros
  • Reforma e acondicionamento do Edificio Multiusos do Xardín (Padrón): 26.102,03 euros

Ademais, queda prevista unha segunda fase para renovar a iluminación pública do Concello de Padrón, estando xa en proceso de licitación a primeira fase por importe de 240.000 euros, dos cales 180.000 aportaos a IDAE, e 60.000 o Concello de Padrón. E tamén se reservan partidas para servizos básicos e para a área de Turismo.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…