-->

O artista Fernando Yáñez pinta a man os pasos de peóns do Concello de Padrón

O Concello de Padrón vén de contratar ao artista plástico Fernando Yáñez para pintar a man os pasos de peóns da vila, co obxectivo de crear espazos dinámicos e atractivos para a cidadanía e para os visitantes. Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, resaltou “Padrón é un lugar extraordinario e queremos potenciar e aunar todo o potencial desta vila para que se convirta nun centro de referencia para padroneses e padronesas, pero tamén para turistas de proximidade. Con esta iniciativa só estamos poñendo en valor os nosos produtos e potenciando a beleza das nosas rúas”.

Para dar forma  a esta iniciativa, ao longo destas últimas semanas o artista lucense debuxou e pintou pementos en cinco pasos de peóns do centro da vila, mentres que para o paso de peóns da Ponte reservaron a porta de entrada a Padrón. Así, neste paso podese ler ‘Benvidos a Padrón’.

Esta obra de arte na rúa está firmada polo artista Fernando Yáñez, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo en Pontevedra, profesor de secundaria en Ribeira e residente en Brión. A súa traxectoria remontase vinte anos atrás, e é o autor de numerosas creación artísticas que forman parte da paisaxes de distintos concellos da xeografía galega e tamén da española. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…