Print this page
-->

O concelleiro de Servizos visita os colexios e a súa contorna para asegurar unha volta segura

O Concello de Padrón leva semanas traballando nunha volta ao colexio segura para todos e todas. Nas últimas semanas, o concelleiro de Servizos realizou unha ronda de visitas polos diferentes espazos educativos do municipio para garantir que todo estaba en correcto estado para recibir de novo ao alumnado nas aulas. Neste contexto, realizouse tamén un traballo de roza e limpeza na contorna dos centros educativos. Trátase dunha actuación para poñer a punto estes espazos de cara ao curso escolar 2020-2021.

Este ano, dadas as circunstancias especiais derivadas da pandemia da Covid-19, no Concello de Padrón todos os departamentos se implicaron na volta ao colexio dos escolares da vila. O concelleiro de Servizos, Ángel Rodríguez, apunta que “ás labores habituais de mantemento e de limpeza, este ano súmanse todas as tarefas precisas para facer que a volta ao colexio sexa segura”.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia puxo a disposición das familias unha serie de recursos para unha volta segura ás aulas. Pincha aquí para acceder a este material. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…