-->

O alcalde de Padrón destaca a obra realizada con fondos autonómicos no río Sar en Estramundi de Abaixo para disminuir o risco de inundacións

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, xunto aos concelleiros de Emerxencias e de Obras, recibiu esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no marco dunha visita para supervisar os traballos de estabilización dun noiro no río Sar ao seu paso por Estramundi de Abaixo en Padrón. A  actuación iniciouse no mes de xullo e xa están rematadas.

Antonio Fernández Angueira resaltou a importancia deste tipo de actuacións para Padrón “é unha terceira actuación que fai Augas de Galicia neste espazo, o que minimiza en gran medida o risco de inundacións, e ademais co valor engadido de utilizar técnicas innovadoras e sostibles”. “Estamos moi satisfeitos co desenvolvemento desta actuación tan necesaria para a nosa vila”, apuntou.

Vázquez Mourelle, pola súa banda, subliñou que as obras en Padrón, cunha achega autonómica de case 131.000 euros. Ethel Vázquez salientou que estes traballos teñen por obxectivo conservar o bo estado ecolóxico do leito e do seu contorno, favorecendo a vexetación de ribeira e diminuíndo o risco de inundacións, ao mellorar a eficiencia da drenaxe das súas marxes.

Augas de Galicia vén realizando estas actuacións no marco do mantemento das zonas inundables, nas áreas identificadas como de risco potencial significativo de inundacións para previr posibles asolagamentos.

No caso da zona hoxe visitada, interveuse augas arriba da canle de derivación do río Sar,  para estabilizar un noiro da súa marxe dereita.

Para isto, empregáronse técnicas de bioenxeñería, executando un muro “krainer” duns 50 metros de lonxitude, é dicir, unha estrutura construtiva tridimensional que se fai con troncos de madeira entrelazados sobre unha base de escollera.

O muro krainer fórmase sobre a base de escollera con diversas capas: primeiro grava; logo arbustos autóctonos ou plantas de ribeira; e un recheo con terra, ademais de colocación de mallas vexetais e biorrollos orgánicos que impiden arrastres de materiais finos.

Esta estrutura construtiva, a base de materiais vexetais, funciona como elemento de protección contra a erosión causada polas augas na ribeira do río e permite minimizar o risco de inundacións, ao tempo que permite a repoboación da vexetación.

A conselleira indicou que os traballos se completaron coa mellora do paseo e coa repoboación da marxe do río Sar con vexetación propia de ribeira, creando un contorno máis coidado e máis agradable para o paseo e para o desfrute dos veciños.

Engadiu a estes traballos os xa realizados en 2015 para acondicionar a canle de derivación, que permitiu restituír a sección hidráulica inicial dun treito da canle artificial e a limpeza e drenaxe dos sedimentos nela depositados.

Tamén se estabilizaron outros noiros do río, onde se pode comprobar xa a eficacia deste tipo de técnicas de bioenxeñería para conservar o estado ecolóxico do río e favorecer a repoboación das súas marxes con especies de ribeira, ao tempo que se minimizan os riscos de inundacións.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…