-->

O Concello de Padrón destina 229.000 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas

O Concello de Padrón destina un total de 229.083,67 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego en Padrón e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos, a través da financiación de gastos correntes.

O alcalde de Padrón explicou que “dadas as actuais circunstancias dende o Executivo que dirixo consideramos imprescindible dotar de ferramentas e recursos aos nosos empresarios e comerciantes. O noso obxectivo é axudalos e contribuír a súa recuperación e viabilidade económica”.  

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe o anuncio da convocatoria desta liña de axudas. As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Padrón (https://sede.padron.gal), utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida na base 4.3 da Norma 18  https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/05/2020_0000005419.pdf . O prazo para remitir a documentación comeza mañá e finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

  • Ter o domicilio fiscal no Concello de Padrón.
  • Non incorrer en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Padrón, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
  • No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
  • No caso de micropymes: a data de constitución da empresa -data de primeira inscrición no rexistro público correspondente- debe ser anterior ao 14 de marzo.

Beneficiarios do programa de axudas

 

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen persoal traballador ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • GRUPO I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • GRUPO II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • GRUPO III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupen a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Para máis información, as persoas interesadas poderán contactar co Concello no teléfono 981 810 451 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…