-->

O Concello de Padrón presenta unha programación de Nadal adaptada á situación da Covid-19

O Concello de Padrón presenta a programación de Nadal, con numerosas actividades de ocio e cultura organizadas en base as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias recomendadas pola autoridades sanitarias pola pandemia da Covid-19 . O pistoletazo de saída chegará da man de Grupo Talía Teatro coa representación da peza teatral ‘Lambetadas’ para público infantil e familiar o venres 4 de decembro ás 18:00 horas. Na mesma xornada, ás 20:00 horas na praza de Macías terá lugar o alumeado de Nadal. O mércores día 9 inaugurarase o mercado de Nadal cos seus tradicionais postos de venda e, nesta ocasión se as condicións meteorolóxicas o permiten, tamén con postos de venda de palomitas, caramelos e doces ademais de obradoiros infantís.

“Dinamizar a campaña de Nadal é un obxectivo claro do noso goberno, por iso presentamos unha amplia oferta cultural e de ocio para as familias, que xunto a campaña de decoración de balcóns e fachadas cremos que animaremos á vila”, explicou Lorena Couso, concelleira de Turismo.

O venres 11 de decembro o Auditorio Municipal ás 18:00 horas acollerá o espectáculo musical de ‘Cine infantil’, o venres 19 de decembro tamén ás 18:00 horas, Teatro Ghazafellos presenta ‘Monstros no Camiño’, o sábado 19 ás 11:00 horas o concreto sobre os cantos de arrolar ‘Tecendo soños’, o mércores 23 de decembro ás 18:00 horas o concreto ‘A familia Papaventos’ de Charo Pita, o luna 28 de decembro Culturaactiva presenta ‘Rogelio un pallaso en recuperación’, o martes 29 de decembro presentan ‘Bandullo Azul’ e o mércores 30 de decembro Teatro Malasombra representan ‘A tartaruga Manola’. Todo para público infantil e familiar. O sábado 26 de decembro ás 11:00 e ás 12:00 horas, Caramuxo Teatro presenta o espectáculo para bebés, ‘Catro’.

http://www.padron.gal/679adb4d-cdc7-4dfc-b788-e7f1b9940848" alt="page1image44456128" width="93.445000" height="0.550000">
http://www.padron.gal/286c3052-151a-4ee8-a104-6ae9aa7aaf8e" alt="page2image38175344" width="101.202000" height="73.298530">http://www.padron.gal/a4fa92d6-1a1b-4088-ab67-be32877e3cac" alt="page2image38175136" width="89.981620" height="61.298530">

Para o público adulto o sábado 12 de decembro no Auditorio Municipal terá lugar o Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón ás 19:00 horas, o domingo 13 de decembro ás 18:00 horas na Igrexa de Iría terá un lugar o concerto de Música Barroca, ‘Sons barrocos nas Terras de Iria’, patrocinado por Xacobeo 2021. Para este espectáculo non se entregarán entradas, o aforo será por orde de chegada. E o mércores 6 de xaneiro ás 17:00 horas o Concerto de Reis Banda de música municipal de Padrón.

Cabalgata de Reis

Este ano o formato da Cabalgata de Reis ten que ser diferente aos organizados ata o momento, porén dende o Executivo de Padrón buscaron a mellor opción para manter viva a ilusión dos nenos e nenas da vila. Así, as súas Maxestades de Oriente percorrerán as rúas de Padrón durante todo o día, facendo estacionamentos nos puntos nos que paran os autobuses das liñas locais. O obxectivo é evitar as aglomeracións e procurar que as familias poidan ver aos Reis Magos na vila sempre cunha distancia prudente.

Consulta aquí o programa completo. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…