Print this page
-->

O 13 de decembro inaugurase en Padrón unha mostra de figuras de Lego

O Concello de Padrón e a Asociación Hostalería de Padrón organizan, en colaboración coa Asociación de Fans de Lego de Galicia, unha exposición de modelos construídos exclusivamente con figuras de Lego. A mostra componse da representación dunha cidade construída con pezas Lego e a reprodución de  naves e personaxes icónicos de Star Wars.

A exposición inaugurarase o domingo 13 de decembro e poderase visitar no edificio da Sociedade Cultural Padronesa todos os días ata o 20 deste mes en horario de tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Asemade o domingo 20 de decembro terá lugar un concurso de Speed Building, no que os nenos e nenas participantes deberán demostrar a súa habilidade construíndo figuras e maquetas con pezas de Lego. As prazas son limitadas, polo que para participar haberá que inscribirse previamente a través da asociación Hostalería de Padrón.  O gañador da competición recibirá como premio un set de figuras de Lego.

O alcalde de Padrón sinalou que “este tipo de colaboracións con organizacións coma a dos hostaleiros son moi frutíferas e contribúen a dinamización da nosa vila”. Dende o Concello de Padrón móstranse abertos a colaborar cos distintos axentes sociais sempre que reverta en beneficios para a sociedade padronesa.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…