O día 15 de xaneiro ás 00:00 horas, Padrón entra no nivel medio-alto de restricións segundo o protocolo autonómico para frear a curva de contaxios da Covid-19. Ante a situación epidemiolóxica da comunidade autonóma, dende a Xunta de Galicia decidiron que toda Galicia se rexirá polos dous niveis máis altos de protección. O presidente do Executivo galego pide a máxima prevención e anuncia que esta decisión durará "probablemente, ata mediados de febreiro".
As limitacións principais a ter en conta son:
- Hostalaría aberta ata as 18:00 horas. 30% de aforo no interior e 50% no exterior.
- Agrupacións de máximo 4 persoas
- Peche establecementos comerciais como máximo ás 21:30 horas
- Restrinxida a mobilidade noctura de 22:00 a 6:00.
Neste enlace podes consultar todas as restricións.
Respecto da mobilidade entre concellos, Padrón non está perimetrado. Esto quere dicir que se pode saír do termo municipal e ir a outro concello de nivel medio-alto pero non entrar sen xustificación nun municipio de nivel máximo, xa que todos están perimetrados.