Print this page
-->

Padrón pasa ao nivel medio-alto de restricións

O día 15 de xaneiro ás 00:00 horas, Padrón entra no nivel medio-alto de restricións segundo o protocolo autonómico para frear a curva de contaxios da Covid-19. Ante a situación epidemiolóxica da comunidade autonóma, dende a Xunta de Galicia decidiron que toda Galicia se rexirá polos dous niveis máis altos de protección. O presidente do Executivo galego pide a máxima prevención e anuncia que esta decisión durará "probablemente, ata mediados de febreiro". 

As limitacións principais a ter en conta son: 

  • Hostalaría aberta ata as 18:00 horas. 30% de aforo no interior e 50% no exterior. 
  • Agrupacións de máximo 4 persoas
  • Peche establecementos comerciais como máximo ás 21:30 horas
  • Restrinxida a mobilidade noctura de 22:00 a 6:00. 

Neste enlace podes consultar todas as restricións. 

Respecto da mobilidade entre concellos, Padrón non está perimetrado. Esto quere dicir que se pode saír do termo municipal e ir a outro concello de nivel medio-alto pero non entrar sen xustificación nun municipio de nivel máximo, xa que todos están perimetrados.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…