-->

A consellería de Sanidade responde a petición do alcalde de Padrón e inicia un cribado para a detección da Covid-19

A consellería de Sanidade inicia no concello de Padrón un cribado para detectar a Covid-19 a través de test de antíxenos entre a cidadanía do municipio, despois de que o rexedor desea localidade  o solicitase. A realización destas probas, que se desenvolverán en horario de tarde entre as 16:00 e 19:00 horas no Centro Médico municipal –entrada principal-, terán lugar ao longo destas semanas e servirá para detectar posibles persoas que sexan asintomáticas.

Por tanto, as persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo departamento de Sanidade da Xunta de Galicia recibirán unha mensaxe para realizar estas probas para detectar se están contaxiados ou non. Os organizadores sinalan que é necesario acudir co DNI e coa tarxeta sanitaria. O SERGAS enviará unha mensaxe por SMS indicando o día, a hora e o lugar no que o usuario ou usuaria está citado para a realización da proba. Ademais a través desta mensaxe tamén se enviará un identificador para descargar un código QR, que deberá mostrar a súa chegada ao Centro de Saúde para certificar a cita. Os veciños e veciñas que sexan convocados para a realizacións destes test de antíxenos deben ser moi puntuais para evitar que se produzan aglomeracións no centro médico municipal. Ninguén que non teña recibido esta mensaxe pode achegarse ao Centro de Saúde para solicitar estas probas, posto que só se realizarán a aquelas persoas que recibisen a mensaxe do SERGAS. 

O alcalde do Concello de Padrón manifestou unha vez máis a súa preocupación pola situación actual e polo incremento de casos positivos, polo que reclama á cidadanía “un esforzo máis para frear a curva de contaxios, xa que é unha tarefa que require axuda de todos e todas. O cribado que se vai realizar agora entre este grupo poboacional é necesario para detectar a aquelas persoas que poden estar contaxiando sen presentar ningún síntoma. Malia que chegamos a esta terceira onda con cansanzo, temos que seguir loitando xuntos contra este virus limitando os nosos contactos e as nosas actividades fóra da casa.”

Incidencia en Padrón

Nos últimos 14 días diagnosticáronse en Padrón un total de 150 casos de contaxio por coronavirus, segundo os datos actualizados polo SERGAS. 

Segundo o protocolo, todas as persoas que advirtan síntomas relacionadas coa enfermidade da Covid-19 non poden acudir ao Centro de Saúde, senón que por protección deberán poñerse en contacto co seu médico de cabeceira por vía telefónica para que lle indique como debe actuar. De feito, se algunha das persoas seleccionadas aleatoriamente para a realización deste cribado presenta algún síntoma ou tivo contacto cunha persoa contaxiada por coronavirus, deberá notificalo, non asistir á realización do test e poñerse en contacto co seu médico para activar o protocolo establecido.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…