-->

O departamento de Traballo Social do Concello de Padrón atendeu no 2020 a máis de 1.800 usuarios e usuarias

O programa de Emerxencia Social desenvolto dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Padrón incrementou durante o 2020 o número de intervencións realizadas por necesidades derivadas da situación económica e social como consecuencia da pandemia da Covid-19. Así, no último exercicio o equipo deste departamento do Concello de Padrón atendeu un total de 1.809 solicitude de axuda. Do total de usuarios, 1.063 eran mulleres e 737 varóns, e se sumamos os usuarios e usuarias que demandaron en máis dunha ocasión unha intervención por parte dos servizos sociais, a cifra ascende a 2.628 expedientes. Entre todos estes casos o Programa de Emerxencia Social promovido por esta área atendeu a 565 persoas por motivos relacionados con alimentación, compras de produtos de primeira necesidade ou material sanitario, o abono de subministracións básicas, axudas para o pago do alugueiro e axudas para a escolarización.

A maior parte das intervencións están relacionadas con información, orientación, valoración e mobilización de recursos, se ben tamén houbo consultas relacionadas cos recursos complementarios para cobertura de necesidades de subsistencia. As persoas maiores foron os que máis demandaron este servizo, cun total de 1.040 solicitudes abertas ao longo do 2020. Principalmente, as persoas maiores pediron axuda para a solicitude e revisión de pensións non contributivas e para solicitar a tramitación de axudas á dependencia, da que moitos xa son usuarios e usuarias na actualidade. De feito, o 90% das persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar son persoas da terceira idade As persoas con discapacidade supoñen o segundo grupo que máis demandou a atención deste equipo. O terceiro posto correspóndelle ás familias máis vulnerables, que neste ano tamén tiveron que facer uso deste servizo de emerxencia social. O equipo de Servizos Sociais do Concello de Padrón tamén promove actuacións de prevención e inserción laboral.

O alcalde de Padrón explicou que “neste exercicio tivemos que incrementar o presuposto municipal destinado a este tipo de actividades, pois por mor da Covid-19 a veciñanza de Padrón necesitou especialmente que se lles facilitase información, orientación ou que se lles facilitasen recursos”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…