-->

A concellaría de Turismo de Padrón editará un libro sobre o ano Xacobeo 2021 no concello

A importancia do Xacobeo e a súa ligazón co concello de Padrón quedará recollida nun libro, que editará a concellaría de Turismo ao longo deste ano. O primeiro paso é recoller información e fotografías para nutrir de contido esta publicación que pretende dar protagonismo á veciñanza. Por tanto, todas aquelas persoas que queiran colaborar xa poden enviar artigos e fotografías que mostren a forte vinculación de Padrón co fito histórico do Xacobeo e tamén a súa importancia na tradición da chegada do apóstolo a Galicia. As imaxes e os artigos poderán abordar esta vinculación a través de elementos patrimoniais, naturais ou de tradición oral.

Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “este libro pretende amosar a tradición Xacobea do noso concello, así como dar voz á nosa veciñanza para profundar na historia da vila e para tamén ter a oportunidade de explorar diversas miradas do Camiño. Dende o equipo de goberno lévamos anos insistindo na importancia da Pedronía para Padrón e nos vindeiros anos pensamos intensificar a nosa labor neste eido”.

O prazo para enviar os escritos e as imaxes rematará o vindeiro 31 de marzo. O e-enderezo para envialos é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., dende este departamento organizarán toda a información que reciban para por en marcha a publicación do libro. As claves para participar neste proxecto editorial son o envío no prazo indicado en formato word ou PDF no caso dos artigos e en PNG, TIFF ou JPG no caso das imaxes, que ademais deben ter unha resolución óptima. Asemade os textos achegaranse en galego normativo –dende o departamento de Turismo só se corrixirán cuestións relacionadas coa ortografía ou de adaptación á normativa vixente, en ningún caso cuestións de estilo-.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…