Print this page
-->

Volve a cultura segura ao Concello de Padrón con motivo do Día do Libro

A Biblioteca Municipal de Padrón celebra o Día do Libro o vindeiro 23 de abril ás 17:30 horas cunha representación teatral no Auditorio Municipal. Sarabela Teatro presenta ‘O secuestro da bibliotecaria’, un espectáculo para público familiar co que o Concello padronés recupera a cultura segura. Dende o Departamento de Cultura e o persoal traballador da Biblioteca Municipal organizan este evento cultural cunhas estritas medidas de seguridade e un aforo reducido. As entradas son gratuítas e poden recollerse na Biblioteca Municipal a partir do luns 19 de abril en horario de 08:00 a 15:00 horas.

Novo horario

A Biblioteca Municipal de Padrón ampliará a partir do martes 20 de abril o seu horario, incluíndo tamén as tardes dos martes de 16:30 a 20:00 horas para que os usuarios e usuarias deste servizo poidan executar devolucións e novos préstamos. Asemade, dende hai uns meses a Biblioteca instalou un caixa de correos para que as devolucións de libros se poidan efectuar todos os días da semana as 24 horas do día.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…