-->

O GES actuou en preto de 1.700 emerxencias ao longo do 2020

O equipo de Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Padrón realizou un total de 1.665 intervencións ao longo do 2020. Segundo a memoria elaborada pola concellaría de Emerxencias, o maior número de actuacións deste grupo estiveron relacionadas coa Covid-19, posto que o 38% do total estiveron relacionadas coas medidas de protección, a desinfección de espazos públicos e o apoio loxístico no control dos aforos e do cumprimento das normas de seguridade. En xeral, o persoal traballador deste servizo realizou 771 labores de prevención ao longo do exercicio, o que inclúe –ademais das accións relacionadas co coronavirus, que foron 637- inspeccións de fincas, simulacros, formacións, revisións hidrantes e operativos preventivos. Outros operativos, colaboracións con outros corpos de seguridade e intervencións relacionadas con animais, con abellas ou vespas velutinas representan o 24% do total, con 406 actuacións.

O equipo do GES tamén actuaron en 196 emerxencias relacionadas con accidentes de tráfico –con persoas feridas, persoas atrapadas ou limpezas de vías- e 136 incidencias relacionadas coa circulación, como por exemplo retirada de árbores ou obxectos das estradas. Tamén actuaron en 61 incendios –urbanos, forestais, industriais e de vehículos- e realizaron 57 rescates en ríos, vehículos, de animais, de persoas desaparecidas, en accidentes laborais, etc. Asemade, a súa labor evitou riscos en ata 38 ocasións.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, destacou a labor que realiza o equipo do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), “son realmente moi eficientes pola súa base organizativa e pola súa capacidade de ofrecer unha rápida resposta a todas as situacións de emerxencia que ocorren na nosa contorna”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…