Print this page
-->

O Concello de Padrón presenta ‘Concilia Verán 2021’

O Concello de Padrón presenta o novo programa de conciliación para o verán, ‘Concilia Verán 2021’, que terá lugar ao longo do mes de xullo en horario de 08:00 a 14:30 horas. O prazo para inscribirse ábrese o vindeiro 17 de xuño e estará aberto ata o día 22 de xuño. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.

O departamento de Servizos Sociais organizou dúas quendas, a primeira entre o 1 e o 15 de xullo e a segunda entre o 16 e o 30 de xullo. O prezo por quenda é de 30 euros.

En total ofrécense para este programa 30 prazas Para tramitar esta inscrición é necesario presentar o formulario a través do Rexistro Municipal en horario de 09:00 a 13:00 horas. Para máis información, contacten con Servizos Sociais na praza Manuel Rodríguez Cobián ou no número de teléfono 981 81 70 25.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…