Print this page
-->

O Concello de Padrón incorpora ao servizo municipal de recollida de lixo un novo camión recolector-compactador por 175.000 euros

O Concello de Padrón incorporou esta mañá un novo camión recolector-compactador de lixo para o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos. Un novo vehículo no que o Concello de Padrón investiu 174.179,50 euros e que foi recollido esta mañá polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, da man do responsable de Automoción La Junquera SL, empresa subministradora gañadora do concurso público.

Fernandez Angueira destaca que “este novo camión recolector-compactador de lixo aumenta de forma significativa os medios do Concello, facilitará o traballo dos nosos técnicos e suporá tamén unha mellora na conservación do medio ambiente”. Neste sentido, este novo vehículo de 26 toneladas de peso dispón dun equipamento motor que reduce as emisións de CO2 á atmosfera, así como un sistema especial de arranque en frío, con temperaturas de ata -15 grados.

O camión ten tres eixos, un prazo de garantía de catro anos e unha capacidade de recollida de 23 metros cúbicos, o que mellorará as condicións de recollida da flota actual, composta por tres camións. “A nosa intención é seguir mellorando o servizo municipal de recollida de lixo, polo que tentaremos tramitar neste exercicio a adquisición dun novo camión de dous eixos”, adianta o alcalde de Padrón.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…