-->

O Concello de Padrón apoia a volta da Banda Municipal de Música á normalidade e promove sete concertos nas aldeas do municipio

O Concello de Padrón apoia a volta á normalidade da Banda Municipal de Música de Padrón a través dun acordo de colaboración que propiciará a realización de sete concertos noutras tantas aldeas do municipio durante os meses de agosto e setembro. Unhas actuacións que, en todo caso, terán lugar ás 20:00 horas e serán de asistencia libre e gratuíta, ata completar o aforo que delimiten as autoridades sanitarias.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “dende o Concello de Padrón quixemos colaborar coas distintas agrupacións musicais do municipio, sobre todo despois de todo este tempo sen actuacións pola Covid. Por iso promovemos a actuación dos distintos grupos folclóricos ao longo do Verán Cultural e agora imos levar á Banda Municipal de Música a actuar polas distintas aldeas de Padrón”.

Programación

As actuacións darán comezo este domingo 1 de agosto no campo da Devesa de Extramundi e continuarán o venres 13 de agosto no campo do Santuario da Escravitude. O xoves 19 de agosto a Banda Municipal de Música de Padrón actuará no campo da festa de Iria Flavia para, un día despois, facer o propio no campo da capela de Pazos. A actuación no campo da festa de Carcacía pechará o ciclo de actuacións no mes de agosto o venres 27 de agosto.

Para setembro quedarán dúas citas: a carballeira de Herbón (venres 3 de setembro) e o campo da festa da Ponte (sábado 4 de setembro). En todos os casos, o concerto dará comezo ás 20:00 horas e, en caso de choiva, suspenderase a actuación e fixarase unha nova data. O aforo de cada concerto estará determinado polas indicacións que no seu momento fagan as autoridades sanitarias, sendo a entrada libre e de balde.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…