-->

Dez establecementos participarán nunha nova edición do Saborea Padrón, que terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de novembro

O Concello de Padrón ultima os detalles dunha nova edición de “Saborea Padrón”, o tradicional concurso de tapas que este ano terá lugar durante catro días: os venres 5 e 12 e os sábados 6 e 13 de novembro. Unha edición na que participarán un total de dez establecementos, que presentarán tapas elaboradas cos produtos máis apreciados do municipio e cos que buscarán sorprender á súa clientela.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradeceu a participación dos hostaleiros padroneses e amosouse convencida de que “a ruta de tapas será un foco de atracción de visitantes grazas ao gran nivel da gastronomía padronesa. Estou segura de que os locais participantes volverán amosar o seu bo facer nos fogóns e que iso fará que moita xente da contorna se acheguen a desfrutar das súas creacións”.

Saborea Padrón 2021

Os locais participantes en “Saborea Padrón 2021” son: A Filoxera, Bámbola, Café Cultural Airiños, Café Século XX, Panadería San José, Pulpería Rial, Restaurante Chef Rivera, Restaurante O Santiaguiño, Retro Visor e Ruta Xacobea. O custe das tapas será de 2,5 euros e os horarios de degustación serán: os venres, de 20:00 a 23:00 horas; e os sábados de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas.

Todas as persoas que desexen participar no concurso de tapas deberán recoller o seu “Pasaporte” na Oficina de Turismo Municipal de Padrón ou en calquera dos establecementos participantes. Un documento que deberán selar en, cando menos, tres locais participantes despois de consumir cadansúa tapa. Despois, deberá votar pola súa tapa favorita: puntuando de 1 a 3 puntos (sendo 1 a puntuación máis baixa e 3 a máis alta). Entre todas as persoas participantes, o Concello de Padrón sorteará vales por 100 e 50 euros para consumir nos establecementos participantes.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…