-->

A Xunta destinará 1,15 millóns de euros en 2022 á ampliación da rede de saneamento de Padrón

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou que o proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para o 2022 recolle un investimento de 1,15 millóns de euros para a ampliación da rede de saneamento municipal do concello de Padrón. Vázquez Mourelle confirmoulle hoxe ao alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, estes investimentos, coincidindo coa sinatura do convenio de colaboración para impulsar a execución das obras dunha rede de colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso.

No encontro mantido en San Caetano, a conselleira concretou que o departamento que preside reserva en 2022 a partida de 1,15 M€, necesaria para executar estas obras. Ademais, adiantou que as contas da Xunta do vindeiro ano prevén tamén un investimento de 1,43 millóns de euros para avanzar nas actuación para a redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar, nos concellos de Padrón e de Valga.

Mellora do saneamento

En canto ao convenio selado esta mañá para a ampliación da rede de saneamento municipal, a Xunta apoiará ao Concello de Padrón no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando as actuacións nun 80%, e licitará e executará as obras. A actuación será financiada pola Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19. Pola súa banda, o Concello de Padrón asume o restante 20% do financiamento das obras, a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

As obras de ampliación da rede de saneamento existente executaranse de modo que se conecten á rede xeral para posteriormente ser conducidas ata a estación depuradora de Padrón as augas residuais xeradas en Herbón, así como nos núcleos do Barco, Lestido, O Piñeiro, Vista Alegre, A Aduana, O Pombal, O Muelle e O Paraíso, da parroquia de Iria Flavia. A intervención centrarase na ampliación da rede de saneamento mediante unha serie de colectores por gravidade executados en tubaxe de PVC de diámetros 315, 400 e 500 mm. Ademais, prevense 4 estacións de bombeo (EBAR) nos puntos baixos: nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. As impulsións proxéctanse en polietileno de 90 mm de diámetro. Coa rede proxectada por Augas de Galicia darase servizo a unha poboación de 669 habitantes para o ano horizonte 2044.

Redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar

Na reunión de hoxe, a conselleira e alcalde abordaron tamén o traballo que se está a impulsar no marco do convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro polo que a Xunta investirá 3 millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar ao seu paso por Padrón. A este respecto, Ethel Vázquez indicou que o obxectivo da Xunta e proceder á contratación das obras a mediados do vindeiro ano para que estean rematadas a finais 2023, dentro do período establecido para a execución dos fondos europeos FEDER cos que serán cofinanciadas. A conselleira incidiu en que as actuacións previstas parten dunha planificación completa e ambiciosa realizada desde a Xunta, pois están recollidas no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo dos ríos Ulla e Sar.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…