Print this page
-->

O Concello de Padrón convida á veciñanza a participar nunha Ruta da Pedronía gratuíta o sábado 23 de outubro

O Concello de Padrón organiza unha Ruta da Pedronía entre a praza do Obradoiro de Compostela e Santiaguiño do Monte que terá lugar o vindeiro sábado 23 de outubro. Unha actividade gratuíta, se ben o aforo será limitado polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Deportes (664 076 974 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do vindeiro 19 de outubro.

A concelleira de Deportes, Lorena Couso, anima aos veciños e veciñas do municipio a desfrutar desta experiencia xa que “esta ruta é só unha das moitas iniciativas que estamos organizando dende o Concello de Padrón para promover a Pedronía e defender a Padrón como o que é: o berce do Xacobeo”.

A expedición sairá ás 8:00 horas en autobús do Campo do Souto para desprazarse ata Santiago de Compostela e iniciar unha ruta de 25 quilómetros que rememora a antiga ruta de peregrinación xacobea na que os peregrinos finalizaban o camiño en Padón despois de chegar a Compostela. A expedición pasará por numerosos puntos de interese histórico, cultural e paisaxístico tales como a capela da Magdalena (Ames), a carballeira de San Martiño (Teo), Ponte Paradela e o Castro Lupario (Brión), o Pazo do Faramello (Rois) ou os santuarios da Nosa Señora da Escravitude, Santa María A Maior ou a Igrexa de Santiago (Padrón) antes de chegar ao Santiaguiño do Monte.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…