-->

O Concello de Padrón participa no proxecto de educación ambiental para o cambio climático “Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización”

O Concello de Padrón, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, participará no proxecto de educación ambiental para o cambio climático “Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización”, impulsado pola cooperativa sen ánimo de lucro Feitoría Verde. Un proxecto que foi presentado esta mañá por Lorena Couso, concelleira de Xuventude e Voluntariado; quen estivo acompañada por Miguel Pardellas, de Feitoría Verde, e pola coordinadora de Voluntariado de Padrón, Pilar Lorenzo.

O proxecto pretende abordar os retos que, como sociedade, temos para afrontar o cambio climático. Unha situación que este iniciativa pretende abordar a través dun traballo por separado dun grupo da terceira idade, por un lado, e doutro grupo de mozos e mozas dos que resulte a posta en marcha dunha acción conxunta de des-carbonización na súa contorna inmediata.

De feito, Lorena Couso explica que “o interese do Concello de Padrón en sumarse a esta iniciativa de Feitoría Verde reside tanto na temática a abordar como na súa metodoloxía novidosa, por todo o que supón traballar paralelamente cun grupo de poboación maior e outro con mocidade que ao final se xunten nunha actividade interxeneracional que agardamos que teña unha excelente acollida por parte da veciñanza”. No caso de Padrón participarán un grupo do voluntariado sénior e outro de alumnos e alumnas de Bacharelato do IES Camilo José Cela.

A concelleira de Xuventude e Voluntariado destaca que este proxecto “súmase ao labor de implementación dos obxectivos de desenvolvemento sostible nos que a Oficina Municipal de Voluntariado está a traballar co alumnado de secundaria neste curso 2021-2022 co obxectivo de sensibilizalos sobre o cambio climático e implicalos na proposta e adopción de medidas para frealo”.

“Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización” é un proxecto impulsado pola cooperativa sen ánimo de lucro Feitoría Verde e conta co financiamento da Deputación da Coruña e dos Concellos de Padrón, Santiago de Compostela e Teo, onde se desenvolverá de forma simultánea.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…