-->

O Show dos Pallasos doa corenta caixas de alimentos achegadas por Indalsu para as familias sen recursos de Padrón

O Concello de Padrón vén de recibir corenta lotes de alimentos doados polo Show dos Pallasos, que serán distribuídos entre as familias máis desfavorecidas do municipio. Uns produtos que foron entregados por Elías Sanmarco, responsable do Show dos Pallasos e promotor desta iniciativa solidaria, á concelleira de Participación Cidadá padronesa, Carmina Bustelo, quen estivo acompañada por voluntarios de Protección Civil de Padrón.

Carmina Bustelo Rial agradeceu “a iniciativa solidaria posta en marcha por Elías Sanmarco, así como a colaboración de todas as empresas e persoas que farán máis levadeiras e doces estas datas para familias en situación de vulnerabilidade e con menores ao seus cargo”.

Todos os produtos entregados hoxe en Padrón foron doados pola empresa Indalsu e recollidos por Protección Civil de Padrón. Inclúen unha serie de produtos pensados especialmente para edulcorar o Nadal aos máis pequenos: turrón, bombóns, zumes, galletas... entre outros. Os corenta lotes serán distribuídos nas próximas horas entre outras tantas familias en situación de vulnerabilidade e con menores ao seu cargo de Padrón.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…