-->

A Concellaría de Turismo presenta o xoves no Auditorio o libro ‘Padrón Xacobeo 21-22’

  • Textos e fotografías da veciñanza resaltan en 31 artigos os fortes vínculos da localidade co nacemento do fenómeno xacobeo

  • O alcalde, Antonio Fernández, estará acompañado no acto pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou

  • O acto comezará ás sete e será necesaria inscrición previa por limitacións de aforo

 

O Auditorio municipal de Padrón acollerá na tarde do vindeiro xoves, 13 de xaneiro, a presentación do libro Padrón Xacobeo 21-22, editado pola Concellaría de Turismo e no que se recompilan 31 artigos que reflicten a íntima ligazón da vila padronesa co nacemento da lenda xacobea. Textos e fotografías foron aportadas pola veciñanza e recollen tanto aspectos do patrimonio histórico e arquitectónico como naturais e da tradición oral.

O libro Padrón Xacobeo 21-22 responde, neste atípico Ano Santo, ao desexo do Concello padronés de divulgar a conexión da vila do Sar co fenómeno xacobeo. A fin última é a promoción do Camiño portugués ao seu paso por Padrón e sobre todo a popularización da Pedronía, ou a continuación da peregrinaxe ata Padrón, de xeito que todos os romeiros coñezan tamén o punto no que o corpo de Santiago o Maior desembarcou en Galicia procedente de Palestina.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, estará acompañado na presentación do libro por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia, e Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea. Ámbolos foron distinguidos polo Concello padronés como Peregrinos de Honra en recoñecemento ao seu importante labor na divulgación do Camiño de Santiago.

Tamén participará na presentación, que comezará ás sete da tarde, o actor Suso Martínez, que o pasado verán representou os papeis de bispo Sisnando e de Atanasio, discípulo do Apóstolo, para darlle a coñecer aos visitantes a tradición xacobea vencellada a Padrón en rutas guiadas teatralizadas.

Por limitacións de aforo, para asistir ao acto é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do número de teléfono 646 593 319. Todas as persoas asistentes recibirán un exemplar do libro.

20220113 cartel libro padron xacobeo

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…