-->

Licítase a ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón por máis de 1 millón de euros

  • Instalaranse unha serie de colectores e catro estacións de bombeo de aguas residuais en Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso //

  • As empresas poderán presentar ofertas ata o 27 de maio e as obras teñen un prazo de execución de seis meses //

  • A actuación enmárcase nun convenio do Concello coa Xunta, que aporta o 80 por cento do orzamento //

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou este mércores a ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón por un total de 1.048.252 euros. Os traballos centraranse na execución dunha serie de colectores e de catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A actuación poderá darlle servizo a unha poboación de 669 habitantes e ten un prazo de execución de seis meses.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolleu onte, 27 de abril, o inicio de contratación dos traballos de ampliación da rede de saneamento de Padrón, dando de prazo ata o 27 de maio para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas.

Trátase dunha intervención enmarcada no convenio que asinou o Concello o pasado mes de novembro coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que a Xunta asume un 80 por cento do investimento para a contratación das obras e a súa execución. A corporación local, pola súa parte, destinará o 20 por centro restante á realización das xestións pertinentes para a execución e á recepción das obras, así como ao mantemento e á conservación.

En concreto, os traballos de ampliación da rede de saneamento comprenden a conexión á rede xeral e a condución á depuradora de Padrón das augas residuais xeradas en Herbón e nos núcleos do Barco, Lestido, O Pino, Vista Alegre, A Aduana, O Pombal, Muelle e O paraíso, da parroquia de Iria Flavia.

Para iso, executaranse unha serie de colectores por gravidade en tubería PVD e catro estacións de bombeo nos puntos baixos de Herbrón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. As impulsiones proxéctanse en polietileno de 90 mm de diámetro.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…