-->

As Aulas Senior de Padrón pechan o curso cunha exposición de traballos e cunha cea de confraternidade

Achégase o final de curso para as persoas que participaron neste curso 2021/2022 nas Aulas Senior de Padrón, xestionadas pola Asociación Cultural Galega da Formación Permanente de Adultos (Ategal) e polo Concello de Padrón. Para celebralo organizouse para o venres 3 de xuño unha tarde de actividades entre as que se encontra a exposición dos traballos realizados, unha conferencia e unha cea de confraternidade á que pode asistir o alumnado.

O acto de clausura comezará ás sete da tarde e levarase a cabo no Auditorio Municipal. Neste recinto inaugurarase a exposición dos traballos realizados durante o curso nos talleres de pintura ao óleo, manualidades e pintura en tela, e lerase a memoria da temporada. O público asistente poderá tamén ver un vídeo resume das accións.

A velada continuará coas intervencións do presidente de Ategal Galicia Aulas Senior, Ángel Fagilde, e do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, que dará paso a unha conferencia da psicóloga María José Fares Varela sobre 'Optimismo e vellez'.

Despois deste evento, a polbeira Lito Mambís acollerá a cea de fin de curso. O prezo por persoa é de 32€ e o menú inclúe empanada, polbo, churrasco, criollos, pan, viño, auga, refrescos, cervexa e tarta larpeira. Para anotarse é preciso acudir ás oficinas das Aulas Senior no Centro Social de Padrón, antes do 30 de maio.

As Aulas Sénior de Padrón retomaron a súa actividade o pasado mes de outubro con 167 persoas matriculadas maiores de 50 anos.  Ademais das xa mencionadas, durante este curso e tras o parón obrigado pola pandemia, o alumnado acode a practicar pilates, ximnasia de mantemento, ioga, taichi, andaina, memoria e a mellorar os coñecementos en informática ou historia da arte, entre outras actividades.

20220519 Mosaico aulas senior

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…